Sede SGAE Santiago de Compostela
31 de maio, 1 e 2 de xuño de 2022
15 horas duración
Actividade promovida polo Consello Territorial da SGAE en Galicia
Queres aprender a crear o teu propio vídeoclip profesional?
Baixo o epígrafe Videoarte: Vídeo expandido. Da produción ao directo, a Fundación SGAE organiza un obradoiro na súa sede en Santiago de Compostela (c/ Rúa Salvadas 2 A. Parque Vista Alegre) de 15 horas de duración. A data de celebración serán os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño de 2022; de 9.30 a 14.30 horas. Socios SGAE: 20 euros.
Impartido polo videoartista e cineasta burelense Adrián Canoura, o obradoiro está destinado a compositores/ as, creadores/ as do mundo audiovisual e músicos en xeral interesados/ as no deseño e creación audiovisual para música; e a estudantes de imaxe e son e produción musical.
O traballo de Canoura encádrase no videoclip, filmes, deseños, performance ou proxectos ligados á creación en directo de grupos como Guerreira, Nistra ou, recentemente, Baiuca.
Importante: Os asistentes deben participar co seu propio computador e programas de edición de vídeo instalados.
Calquera dúbida, escribe a pblanco@fundacionsgae.org