Xa podes ler CULTURA REVISTA SGAE nº3

A publicación chega á súa cita trimestral coas tendencias musicais, audiovisuais e escénicas

Dedica a súa reportaxe de portada a Nao Albet & Marcel Borràs, renovadores do teatro

 

Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a través do seu departamento de Actividades Complementarias, presenta o terceiro número de CULTURA REVISTA SGAE, unha publicación dixital creada para proxectar os valores musicais, audiovisuais e escénicos que hoxe son tendencia. Para botarlle unha ollada, podes facer clic aquí ou acceder en cultura.sgae.es

 

O escaparate trimestral de talentos ábrese, nesta ocasión, cunha reportaxee de portada dedicada a Nao Albet & Marcel Borràs, renovadores da linguaxe teatral en España. Como parella artística, os cataláns Albet e  Borràs recolleron o galardón á mellor dirección de escena nos últimos Premios Max polo seu espectáculo Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach (2021). Nunha completa entrevista, a periodista Begoña García Carteron cóntanos de onde saen estes xenios, cal é a súa ollada e o seu enfoque posdramático do teatro actual.

 

Bota unha ollada a CULTURA REVISTA SGAE #3

 

No eido musical, CULTURA REVISTA SGAE nº3 entrevista a Tanxugueiras, que triunfa coa súa fusión de folclore galego e produción electrónica. Tamén se ofrece unha lista de cancións escollidas polo trío en exclusiva para esta publicación. Outro talento musical protagonista deste número é o autor, guitarrista e cantante Guillermo Izquierdo, número 1 en vendas co grupo de metal Angelus Apatrida, que está a piques de realizar unha nova xira por España e Europa. Ademais, coñecemos mellor a Tomás J. Ocaña, recente gañador do Premio ‘Jóvenes Compositores’ Fundación SGAE-CNDM, cuxas influencias van dos clásicos sinfónicos ao indie pop.

 

No ámbito da danza, CULTURA REVISTA SGAE nº3 inclúe a Patricia Guerrero, Premio Nacional de Danza 2021, que estrea o seu espectáculo Deliranza en xuño. E, nos seus contidos audiovisuais, entrevista ás cineastas Carla Simón (historicamente galardoada co Oso de Ouro na Berlinale 2022) e  Rocío Mesa, pero tamén contacta con Susana Herreras, xefa de contidos de produción orixinal de Movistar+ e profesional de referencia para a industria.

 

CULTURA REVISTA SGAE nº3 complétase con reportaxes sobre o Teatre Principal de Maó e as posibilidades da cultura no metaverso, ademais da reflexión de Kin Martínez (presidente de Es_Música) sobre os retos da industria musical en España. Para pechar, a especialista Paula Quintana (Capitán Demo, Radio 3) recomenda novos valores da escena pop.

 

Bota unha ollada a CULTURA REVISTA SGAE #3