Repartición mensual dos dereitos por Grandes Concertos

O vindeiro xoves, 27 de xaneiro, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) realizará a primeira repartición mensual correspondente aos dereitos de autor xerados polos Grandes Concertos no Estado Español.

Trátase dun novo fito no actual proceso de Transformación Dixital da entidade, polo que respecta á axilidade, eficiencia e transparencia na xestión e repartición dos dereitos dos seus membros, en canto ata a data estes pagos realizábanse con periodicidade trimestral.

Dende agora, as socias e os socios, así como as entidades de xestión coas que a SGAE mantén acordos de reciprocidade, recibirán estas retribucións ao mes seguinte do cobro dos dereitos de Grandes Concertos por parte desta Sociedade.

Esta substancial mellora sitúa a SGAE nun primeiro plano en canto á actual normativa referida á xestión colectiva nos marcos legais español e europeo.

Maior control do mercado dixital paneuropeo

Esta medida implantada pola SGAE súmase ao avance dado pola entidade no control dos dereitos de autor no ámbito dixital coa recente firma do contrato con BackOffice Music Services.

O obxectivo deste acordo é maximizar o fluxo de dereitos procedentes das plataformas musicais (Spotify, Google e Apple). Isto redunda nun control máis exhaustivo do mercado dixital paneuropeo, unha mellor trazabilidade e optimización dos procesos de ingreso e repartición dos dereitos de autor dixitais entre as nosas socias e socios.

Con case dúas décadas de experiencia na industria musical, BackOffice Music Services opera actualmente en 75 países e ofrece servizos tecnolóxicos a unha trintena de sociedades de autor e centos de editoriais de toda Latinoamérica, Asia ou África.

A firma con BackOffice Music Services supón outro avance no labor desenvolvido pola SGAE no ámbito dos dereitos dixitais, un obxectivo estratéxico para a entidade nos últimos anos que xa tivo resultados para os seus socios: en 2020, a entidade repartiu 29,4 millóns de euros, un 90% máis que no exercicio anterior en concepto de dereitos dixitais.