A SGAE celebrará unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro 9 de febreiro

Someterase á vontade dos asociados unha modificación relativa ao artigo 202 bis do regulamento

Será en formato telemático e tódolos socios terán dereito ao sufraxio a través do voto electrónico

 

Calendario PREASAMBLEAS y ASAMBLEA GENERAL

Prezada socia, prezado socio:

vindeiro día 9 de febreiro, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) celebrará unha Asemblea Xeral Extraordinaria, segundo resolveu a súa Xunta Directiva hoxe, venres 14 de xaneiro. Serán convocados tódolos membros da entidade, máis de 120.000 na actualidade, para que poidan exercer o seu dereito ao sufraxio.

Modificación art. 202 bis del Reglamento

Devandita Asemblea Extraordinaria do 9 de febreiro desenvolverase de xeito telemático (non presencial) pola situación da crise sanitaria motivada pola COVID-19. Previamente, e tamén de forma telemática, celebraranse tres preasembleas territoriais: o  2 de febreiro (Barcelona), o 3 de febreiro (Valencia) e o 4  de febreiro (Sevilla).

Informe de la Comisión de Supervisión

Na sesión asemblearia presentarase e someterase á vontade dos socios da SGAE unha modificación relativa ao artigo 202 bis do regulamento da entidade, que afecta ao sistema de repartición de dereitos de autor. O obxectivo é introducir un novo modelo de repartición en función da audiencia e do investimento publicitario en televisión, así como en cada unha das horas de emisión. Con estes axustes preténdese mellorar ao máximo o proceso de identificación e trazabilidade das obras, de xeito que, tal e como establece a Lei de Propiedade Intelectual, se garanta unha remuneración xusta e proporcional entre o seu uso e a súa recadación.

Delegación de Voto

CÓMO PODES PARTICIPAR

-Nos próximos días recibirás un correo electrónico dende o remitente SGAE noreply@sgae.com  coa carta desta convocatoria e a súa correspondente orde do día. Posteriormente, recibirás unha ligazón persoalizada que che permitirá acceder a un sitio web privado onde poderás acreditarte, exercer o teu dereito ao voto e/ou delegar o teu voto.

-Para participar en calquera das preasembleas poderás acreditarte ata 3 días hábiles antes da súa celebración.

-Para rexistrarte na Asemblea do 9 de febreiro tes de prazo dende o día 31 de xaneiro ata o 8 de febreiro ás 23.59 horas, que quedará pechado.

 

CÓMO PODES VOTAR 

-Voto electrónico anticipado: a través de Socios en Liña dende as 10.00 horas do 28 de xaneiro ata as 20.00 horas do 4 de febreiro.

-Voto delegado: Pódelo exercer de xeito dixital no sitio web privado (pestana “delegación de voto”), por correo postal ou en calquera das nosas sedes.

-En preasembleas, ata 3 días hábiles para a súa celebración.

-Na Asemblea: tes de prazo ata as 20.00 horas do 4 de febreiro.

NOTA IMPORTANTE:  A delegación de voto só pode darse entre membros do mesmo colexio profesional e só se admitirán tres delegacións a favor dun mesmo socio por colexio.

-Voto en tempo real: en preasembleas, a man alzada; na Asemblea, de xeito electrónico no sitio web privado, ata as 24.00 horas do 9 de febreiro.

Lembrámosche que só poderás emitir o teu voto para a Asemblea unha única vez e sen posibilidade de modificalo con posterioridade; de modo que, se votas de forma electrónica anticipada ou nas preasembleas, non poderás facelo outra vez durante a Asemblea.

Orde do día

1. Ratificación, se procede, da seguinte modificación do Regulamento que afecta á repartición:

LIBRO IV. Xestión de cobro. Sistemas de repartición. Título II. Regras dos sistemas de repartición. Capítulo V. Televisión. Aparatos receptores. Televisión por cable e local inalámbrica. Aparatos reprodutores de videogramas. Videos comunitarios.

Artigo 202 bis.

2.  Rogos e preguntas.

A documentación relativa ao proceso asembleario está dispoñible na nosa web e tamén en Socios en Liña.

Tes dúbidas? Escríbenos a  asambleaextraordinaria2022@sgae.es

​​​
​​