E por iso traballamos para que a túa actividade creativa sexa xustamente valorada:
Garantimos a protección da túa obra e comprometémonos a un repartimento xusto e transparente dos teus dereitos de autor . Tendémosche unha man co noso programa social e asistencial e poñemos á túa disposición unha formación de calidade, convocatorias, axudas económicas para proxectos culturais e moitas máis vantaxes.
Estamos preparados para axudarte a xestionar, promocionar e difundir as túas obras creativas a través das nosas 12 sedes nacionais, 5 internacionais e acordos de reciprocidade con máis de 140 entidades de xestión estranxeiras.