Artes escénicas

ÚNETE

Autor dramático, coreógrafo, mimo… Na SGAE sumamos esforzos para chegar xuntos onde ti só non podes.

Únete, porque ademais te apoiamos con programas de formación, promoción cultural e apoio solidario.

INTRODUCIÓN E ESTRUTURA
Os socios de Artes Escénicas

Como creador tes dereitos e podes exercelos de xeito eficaz a través da nosa entidade, xurdida como resposta ás necesidades de xestión das túas obras, tanto no ámbito nacional como internacional

  • As categorías de socios

    1.- Autor dramático e lírico- dramático

    2.- Coreógrafo

    3.- Compositor (obras musicais para teatro e danza, dramático-musicais)

    4.- Mimo

  • Comité profesional de Obras de Gran Dereito

    Os comités profesionais intégranse polos membros do Colexio Electoral correspondente que formen parte da Xunta Directiva. O Comité Profesional de Gran Dereito ten como misión formular as estratexias relacionadas coas Artes Escénicas e supervisar o cumprimento dos obxectivos aprobados.

    Grupo de trabajo de Coreografía

    Os Grupos de Traballo son constituídos por decisión da Xunta Directiva ou o Consello de Dirección para a análise e propostas de reformas en diferentes ámbitos da xestión autoral. Para iso, creouse o Grupo de Traballo de Coreografía.

ARTES ESCÉNICAS
Principais accións

Estas son algunhas das principais accións que puxemos en marcha para mellorar a xestión dos teus dereitos

  • 1

    Refundación do departamento de ARTES ESCÉNICAS, integrando tódolos procesos de xestión

    ​​

  • 2

    Aprobación do novo sistema de tarifas de obras dramáticas

    Consultar tarifas

    ​​​

  • 3

    Consulta a socios de Gran Dereito para autorizar un novo modelo de xestión de licenzas enfocado a compañías profesionais

    ​​

  • 4

    Inicio da Migración do soporte tecnolóxico da xestión de dramáticos e desenvolvemento de plataforma de licenciamento enfocada a clientes e á promoción do repertorio a nivel mundial

    ​​

  • 5

    Negociacións con patronais de empresarios de teatro e danza para subscribir Convenios que garantan o pagamento dos teus dereitos

    ​​

  • 6

    Creación do Grupo de Traballo de Coreógrafos

    ​​

DEREITOS DE AUTOR
Os dereitos que che corresponden
  • Dereitos de comunicación pública

    Xéranse cando se difunde publicamente a túa obra. É o caso das representacións teatrais, as proxeccións cinematográficas, os concertos,etcétera.​​

    ​​

  • Dereitos de reprodución mecánica

    Derivados da venda, aluguer ou préstamo ao público dos soportes (CD, DVD, etcétera) nos que se reproducen as túas obras.​​

    ​​

  • Dereitos de remuneración por copia privada

    É o dereito que aboan aos creadores os fabricantes de CD, vídeos, soportes virxes e aparatos reprodutores.​​

    ​​

XESTIONA OS TEUS DEREITOS
Xestiona os teus dereitos

  • Infórmanos das túas representacións

    Con independencia da verificación que realiza SGAE sobre as utilizacións das túas obras, ti tamén podes informarnos. Polo que, no caso de terse representado unha obra túa nun teatro ou terse emitido nunha radio ou televisión, podes informarnos para que o comprobemos.

    ​​​

  • Reclamacións sobre cobros

    Informámoste do estado de cobro dos teus dereitos.

    Reclamacións sobre o cobro de dereitos
    ​​​

  • Solicita un préstamo ou anticipo

    Se precisas financiar un proxecto creativo ou atravesas momentos de dificultade, podes contar connosco. SGAE pon á túa disposición (*) préstamos sen xuros a conta dos teus ingresos futuros de dereitos de autor. Descarga a solicitude e contacta coa túa oficina SGAE máis cercana. Impreso Solicitude Préstamo (*) dispoñibilidade suxeita ao cumprimento de condicións definidas no art. 235 do Regulamento SGAE.

    Solicita un préstamo extraordinario
    ​​​

  • Rexistra as túas obras

    Podes rexistrar as túas obras de forma presencial nas nosas oficinas ou a través da nosa web.

    Accede a enlínea e rexistra as túas obras
    ​​​

  • Sobre o novo sistema tarifario

    A prioridade do novo sistema tarifario é garantir o acceso ao repertorio dramático e o desenvolvemento do negocio escénico. Para iso, SGAE xestiona as obras dramáticas ou de Gran Dereito baixo Mandato dos seus titulares, que son quen posúen o dereito exclusivo para autorizar os seus usos, así como as tarifas a aplicar en cada caso, garantíndose unha porcentaxe sobre os ingresos na billeteira ou uns prezos que se fixan en determinados supostos.

    Ver tarifas

    ​​​

  • Excepcionalidade do Mandato en Obras de Gran Dereito

    As obras dramáticas ou de Gran Dereito xestiónanse baixo Mandato dos seus titulares, que son quen posúen o dereito exclusivo para autorizar os seus usos. Para iso, SGAE require aos titulares das obras que nos indiquen que porcentaxe se debe aplicar como tarifa e en que condición se autoriza a representación da obra: territorio, idiomas, prazo, excepcionalidade, etcétera.

    ​​​


Premios Max

Os Premios Max das Artes Escénicas foron creados co fin de premiar e recoñecer o labor dos profesionais no ámbito das Artes Escénicas. Os obxectivos destes premios son:
· Recoñecer o traballo realizado por creadores, intérpretes e produtores.
· Alcanzar a máxima difusión dos traballos da pasada temporada.
· Lograr a máxima implicación da sociedade en colaboración co sector profesional, os axentes culturais, públicos e privados.

PREGUNTAS FRECUENTES
Resolvemos as túas dúbidas