AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE AVISO LEGAL

1. A entidade

1.1. A Sociedade Xeral de Autores e Editores
O titular do presente sitio web é a SOCIEDADE XERAL DE AUTORES E EDITORES (en adiante, "SGAE"). A SGAE é unha asociación de carácter civil, autorizada como entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual mediante a Orde do Ministerio de Cultura do 1 de xuño de 1988. A SGAE desenvolve a súa actividade no territorio do Reino de España e estende a súa actuación ao estranxeiro; figura inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 82.089, e dispón do NIF número G/28029643. O seu domicilio está en Madrid, na rúa Fernando VI, número 4, distrito postal 28004.

O funcionamento da SGAE réxese polo especificado nos seus Estatutos e o non previsto nos mesmos, polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, pola Lei 5/1998, de 6 de marzo, de incorporación ao dereito español da Directiva 96/9/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre a Protección Xurídica das Bases de Datos que o modifica, pola Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. No que respecta á protección de datos, a SGAE réxese polo disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (RGPD), e calquera norma de desenvolvemento.

A finalidade principal da SGAE é a protección do autor, do editor e demais posuidoras de dereitos a través da xestión eficaz dos dereitos patrimoniais cuxa administración lle foi conferida. A SGAE tamén desenvolve outros labores conexos co fin principal como son:

a) A promoción de actividades ou servizos de carácter asistencial en beneficio dos socios.
b) A promoción cultural das obras para a difusión e revalorización do repertorio social.
c) A defensa dos dereitos morais dos seus socios.

2. O sitio web

2.1. Fins e destinatarios
O presente sitio web facilita o acceso a un conxunto de servizos ofrecidos pola SGAE, sendo os seus destinatarios principais os autores, editores, posuidores de dereitos, clientes ou licenciatarios etc. No entanto, este sitio web tamén é un instrumento de comunicación que permite as persoas que non teñen a condición de socios ou clientes acceder ou coñecer os servizos ou actividades que desenvolve a SGAE.

2.2. Acceso aos servizos
O presente sitio web permite acceder a un conxunto de servizos ofrecidos pola SGAE, relativos á xestión e á explotación de dereitos de propiedade intelectual e outros dereitos recoñecidos á SGAE. A través do sitio web facilítase información relativa a tarifas, modelos de licenzas, datos concernentes á defraudación de dereitos de autor, información relativa ao repertorio e liquidacións, lexislación, xurisprudencia, doutrina e bibliografía sobre propiedade intelectual, información sobre a celebración de cursos, seminarios, xornadas, congresos, convocatoria de bolsas, premios, edición de libros, etc. O sitio web tamén permite coñecer servizos que presta a SGAE, como por exemplo: formación en liña, aloxamento de páxinas web, obtención de contas de correo electrónico etc.

2.3. Administración do sitio web
A sede desde a que se administra e xestiona este sitio web da SGAE está situada na Comunidade Autónoma de Madrid, España. As infraestruturas tecnolóxicas que soportan o sitio web da SGAE están localizadas en territorio español.

3. Regras de uso

3.1. Obxecto e aceptación
A finalidade principal do presente documento é regular as condicións de uso dos servizos, os datos persoais e os contidos comprendidos no sitio web da SGAE. Quen accede de forma libre ou tras rexistrarse ao sitio web da SGAE queda obrigado a observalas. O acceso e navegación polo sitio web implica a aceptación deste Aviso Legal.

3.2. Condutas non autorizadas
Quen accede ao sitio web da SGAE debe observar escrupulosamente a lexislación aplicable, os códigos éticos, o convenio colectivo, as normas de uso do sitio web, etc. Conforme a isto, calquera usuario do sitio web absterase de realizar condutas que impliquen:

a) Difamar, calumniar ou inxuriar a persoas.
b) Denigrar produtos ou servizos producidos ou prestados por empresas ou entidades.
c) Difundir a través do correo electrónico virus informáticos que danen programas de computador ou afecten a contidos, soportes ou sistemas.
d) Suprimir as proteccións técnicas dos programas.
e) Incorporar contidos de calquera tipo para os que non conten cos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, incluídos os dereitos de explotación e en especial o dereito de comunicación pública.
f) Divulgar contidos xenófobos ou de carácter pornográfico.
g) Dar a coñecer o seu contrasinal a outras persoas de forma voluntaria ou involuntaria.
h) Permitir o uso de contrasinais por persoas que non sexan as titulares.
i) Utilizar marcas, logotipos, etc. sen a debida autorización.
j) Publicar contidos protexidos pola lexislación de patentes, de segredos oficiais ou comerciais.
k) Utilizar con fins comerciais os contidos do sitio web.
l) Asociar contidos do sitio web da SGAE con informacións de carácter pornográfico, relativas a calquera tipo de explotación, de natureza racista ou vinculadas co terrorismo ou o tráfico de armas.
m) Separar as imaxes comprendidas nas páxinas do sitio web do texto.
n) Transformar, comunicar publicamente, distribuír, ceder, reproducir ou modificar os contidos do sitio web, salvo que poidan utilizarse as excepcións legais.
o) Empregar os contidos que aparezan coa mención de dereitos reservados sen a autorización correspondente.
p) Incumprir os requisitos técnicos ou as especificacións establecidas para o acceso ao sitio web.

3.3. Suspensión da prestación
O funcionamento do sitio web da SGAE apóiase en servidores da SGAE ou de empresas prestadoras de servizos, conectados mediante infraestruturas de comunicacións de carácter público e privado. O acceso ao sitio web da SGAE pode suspenderse por razóns de tipo técnico ou por causas de forza maior, como son: a) Fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica, b) Ataques con virus aos servidores que soportan a web, c) Erros dos usuarios no acceso ao sitio web, d) Incendios, inundacións, terremotos, e) Folgas ou conflitos laborais, f) Conflitos bélicos. Estas causas que se expresan a título enumerativo, pero non limitativo, teñen carácter de imprevisibles ou que, previstas ou previsibles, son inevitables. A SGAE queda exonerada de calquera tipo de responsabilidade derivada das anteriores situacións.

3.4. Cancelación e baixa do usuario
A alta dos usuarios no sitio web da SGAE realízase libremente. A súa utilización debe efectuarse de acordo coas condicións establecidas no presente documento. O incumprimento destas condicións permitirá á SGAE dar de baixa ao usuario, ou suspender ou cancelar a prestación do servizo solicitado ou proporcionado.

4. Propiedade intelectual

4.1. Tipos de contidos

Os contidos comprendidos no presente sitio web publícanse en forma de noticia, recensión de libros, reportaxes, análises de xurisprudencia, artigos doutrinais, repertorio lexislativo, entrevistas, respostas a consultas máis frecuentes, fotos e imaxes, programas de formación, cadros estatísticos, gráficos, bases de convocatorias de premios ou bolsas, etc. A SGAE, outras entidades relacionadas coa SGAE ou fornecedores externos no seu caso encárganse de xerar estes contidos. A SGAE comprométese a facer os seus maiores esforzos para garantir que a información é correcta, aínda que non pode garantir a inexistencia de erros.

Así mesmo, o sitio web pode dispoñer doutros contidos como marcas, logotipos e outros signos distintivos, deseños, etc.

4.2. Protección legal
Os contidos incorporados no sitio web da SGAE están protexidos polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, que aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, así como no seu caso polas normas de propiedade industrial, competencia desleal ou outras que poidan resultar de aplicación. Devanditos contidos son titularidade da SGAE ou ben esta sociedade conta coas licenzas e/ou autorizacións correspondentes sobre os dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial dos mesmos.

En ningún caso entenderase que o acceso, navegación e utilización do sitio web por parte do usuario implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total ou parcial dos devanditos dereitos por parte da SGAE ou dos terceiros titulares. Ao acceder ao sitio web, o usuario adquire un dereito de uso dos contidos do sitio web dentro dun ámbito doméstico, durante o uso do sitio web, e unicamente coa finalidade de gozar das prestacións dos servizos ofrecidos de acordo co presente Aviso Legal.

As referencias a marcas ou nomes comerciais rexistrados, logotipos ou outros signos distintivos, xa sexan titularidade da SGAE ou de terceiras empresas, levan implícita a prohibición sobre o seu uso sen o consentimento da SGAE ou dos seus lexítimos titulares. En ningún momento, salvo manifestación expresa en contrario, o acceso, navegación ou utilización do sitio web ou dos seus contidos confire ao usuario dereito algún sobre signos distintivos nel incluídos.

Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos do sitio web e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reproducir, comunicar publicamente, transformar ou distribuír, por calquera medio e baixo calquera forma, a totalidade ou parte dos contidos incluídos no mesmo para propósitos públicos ou comerciais se non se conta con autorización previa, expresa e por escrito do Prestador ou, no seu caso, do titular dos dereitos correspondentes.

Os servizos e produtos ofrecidos, ou calquera información disposta a través do sitio web non poderán ser utilizados para fins comerciais ou publicitarios sen autorización previa e por escrito da SGAE. En todo caso, o usuario comprométese a non usar o sitio web para fins ilegais ou prohibidos.

5. Responsabilidades

O usuario deberá cumprir as presentes condicións, así como calquera obriga legal que lle resulte aplicable. En caso contrario poderá implicar a materialización dun ilícito, unha infracción administrativa, unha falta ou un delito, o que pode dar lugar a que se esixa a responsabilidade no ámbito civil, administrativo, laboral ou penal. A este respecto, a SGAE terá dereito a iniciar o correspondente procedemento para que os Tribunais de Xustiza determinen a responsabilidade á que haxa lugar.

6. Ligazóns

O sitio web da SGAE poderá remitir ou enlazar a páxinas ou sitios web de entidades relacionadas coa SGAE ou a terceiras empresas relacionadas coa actividade que a SGAE desenvolve. Neste sentido, informámolo de que a SGAE non xestiona nin constrúe as páxinas ás que remite, polo que a SGAE non é responsable dos seus contidos, do tratamento de datos que efectúen, dos servizos que fornecen nin do seu funcionamento, nin tampouco polos danos ou prexuízos derivados do acceso e uso por parte dos usuarios.

7. Xerais

7.1. Accesibilidade ao sitio web
No desenvolvemento do sitio web da SGAE tivéronse presentes os criterios de accesibilidade aplicables aos sitios web, confeccionados por World Wide Web Consortium (W3C). Conforme a estes, maquetáronse as páxinas, propuxéronse as ligazóns de hipertexto, estruturouse a información de cada páxina web, etc. Polo tanto, a construción das páxinas do sitio web da SGAE desenvolveuse conforme a uns criterios ou normas que representan un estándar de carácter internacional. A SGAE pode modificar en calquera momento e sen previo aviso a configuración e presentación do sitio web.

7.2. Dispoñibilidade e actualización
As condicións do presente Aviso Legal están a disposición de quen acceden ás páxinas do sitio web da SGAE, na súa condición de socios, clientes ou interesados nas actividades da SGAE. Quen entra no sitio web pode consultalas e imprimilas sen necesidade de rexistrarse. O contido do Aviso Legal poderá modificarse, fundamentalmente, de acordo cos cambios que se produzan na lexislación aplicable, na estrutura da organización, nos servizos, na infraestrutura tecnolóxica, no deseño e nas especificacións técnicas do sitio web.

7.3. Lei aplicable
As presentes condicións de uso dos servizos, datos persoais e contidos comprendidos no sitio web da SGAE interpretaranse de acordo coa lexislación española. Debido ao carácter supranacional das infraestruturas de comunicacións electrónicas, quen acceda desde outros países ao sitio web da SGAE deberá observar a lexislación aplicable promulgada en cada estado.

7.4. Entrada en vigor
As condicións do presente Aviso legal sobre a utilización do sitio web e a política de privacidade do sitio web da SGAE están en vigor desde o día seguinte á súa publicación na web.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. Dereito de información

Mediante a aceptación da presente Política de Privacidade, o usuario queda informado e presta o seu consentimento libre, informado, específico e inequívoco para que os datos persoais que facilite a través da páxina web situada no enderezo URL www.sgae.es sexan tratados pola SGAE, cuxos datos de contacto están ao inicio do Aviso Legal, e cuxo DPO é protecciondedatos@sgae.es.

2. Finalidade do tratamento e conservación dos seus datos

A obtención dos datos ten como finalidade principal o acceso a servizos ofrecidos e a xestión da súa solicitude, así como a xestión e explotación dos dereitos de propiedade intelectual. Os datos conservaranse con ese fin durante o tempo necesario para xestionar a súa solicitude e/ou para manter a relación contractual e, aínda despois, ata que prescriban as eventuais responsabilidades, segundo a lexislación aplicable.

No caso de solicitar ser socio ou ben adquirir unha licenza, por favor consulte a información adicional en materia de política de privacidade e protección de datos que atopará nos formularios pertinentes.

Así mesmo, os seus datos serán tratados para enviarlle comunicacións comerciais, mesmo por medios electrónicos, sobre noticias e información da SGAE, salvo que se opoña marcando a seguinte caixa. Sempre que se realice algunha comunicación deste tipo, esta será dirixida única e exclusivamente a aqueles usuarios que non manifestasen previamente a súa negativa á recepción das mesmas. Se non manifesta a súa vontade en contra, os datos conservaranse indefinidamente con esta finalidade.

☐ Manifesto a miña oposición á recepción de comunicacións comerciais

3. Obrigatoriedade de facilitar os datos

Os datos solicitados nos formularios do sitio web son, con carácter xeral, obrigatorios (salvo que no campo requirido se especifique o contrario) para cumprir coas finalidades establecidas. Polo tanto, se non se facilitan os mesmos ou non se facilitan correctamente non poderá atenderse a súa solicitude, sen prexuízo de que poderá visualizar libremente o contido do sitio web.

4. Tipos e categorías de datos tratados

A SGAE tratará as seguintes categorías de datos do usuario:

• Datos identificativos: nome, apelidos e DNI.
• Datos de contacto: enderezo postal, enderezo de correo electrónico e teléfono.
• Datos bancarios, no seu caso.
• Datos relativos a obras musicais e/ou audiovisuais, no seu caso.

5. Licitude e lexitimación do tratamento

Os datos solicitados son pertinentes, axeitados e non excesivos conforme á finalidade para a que se obteñen.

A base legal para o tratamento dos seus datos coa finalidade de tramitar a súa solicitude e prestarlle os servizos solicitados, así como para remitirlle comunicacións comerciais, é o consentimento outorgado por vostede mediante a aceptación da presente Política de Privacidade. Así mesmo, en caso de formalizar unha relación contractual, a base lexítima para a prestación dos servizos será tamén a execución da relación contractual, e respecto da remisión de comunicacións comerciais a base será tamén o interese lexítimo da SGAE para a realización das mesmas sobre servizos análogos aos contratados.

Vostede pode opoñerse ou retirar o seu consentimento en calquera intre poñéndose en contacto coa SGAE, sen que iso afecte á licitude do tratamento efectuado con anterioridade. No entanto, teña en conta que a retirada do seu consentimento poderá supoñer que a súa petición non se poida ter en conta.

6. Cesión de datos

Informámolo de que os seus datos poderán comunicarse a:

• Se é ou solicita ser socio: (i) O Ministerio de Cultura, Administracións Públicas e Organismos Xudiciais, nos casos previstos pola Lei; (ii) Bancos e entidades financeiras para xestionar os cobros e/ou pagamentos; (iii) Entidades aseguradoras e Mutualidades de Previsión Social para finalidades de previsión social e tramitación de seguros; (iv) Fundación SGAE e Instituto Autor, para xestionar os dereitos e servizos correspondentes aos socios; (v) Entidades de xestión de dereitos nacionais e internacionais necesarias para a xestión dos dereitos. As entidades internacionais poderán estar situadas en países que non conten cun nivel de protección de datos adecuado. (vi) As sedes internacionais da SGAE, que pode consultar en http://www.sgae.es/es-ga/SitePages/corp-sedes-visitas.aspx para a xestión dos seus dereitos.
• Se é ou solicita ser licenciatario: (i) O Ministerio de Cultura, Administracións Públicas e Organismos Xudiciais, nos casos previstos pola Lei; (ii) Bancos e entidades financeiras para xestionar os cobros e/ou pagamentos; (iii) Entidades de xestión de dereitos nacionais e internacionais necesarias para a xestión dos dereitos como licenciatario. As entidades internacionais poderán estar situadas en países que non conten cun nivel de protección de datos adecuado. (iv) As sedes internacionais da SGAE, que pode consultar en http://www.sgae.es/es-ga/SitePages/corp-sedes-visitas.aspx para a xestión dos seus dereitos.

O usuario consente expresamente, mediante a aceptación desta política de privacidade, a realización das devanditas transferencias internacionais.

7. Responsabilidade do Usuario

O usuario:

• Garante que é maior de 18 anos e que os datos que facilita á SGAE son verdadeiros, exactos, completos e actualizados. A estes efectos, o usuario responde da veracidade de todos os datos que comunique e manterá convenientemente actualizada a información facilitada, de tal forma que responda á súa situación real.
• Garante que informou aos terceiros dos que facilite os seus datos, en caso de facelo, dos aspectos contidos neste documento. Así mesmo, garante que obtivo a súa autorización para facilitar os seus datos á SGAE para os fins sinalados.
• Será responsable das informacións falsas ou inexactas que proporcione a través do sitio web e dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, que iso cause á SGAE ou a terceiros.

8. Dereitos dos usuarios

O usuario pode enviar un escrito a ejerciciodederechos@sgae.es, coa referencia "Protección de Datos", indicando nome e apelidos, número de DNI, solicitude que realiza, número de teléfono, domicilio completo, xustificación que fundamenta a petición que formula no seu caso, en calquera momento e de xeito gratuíto, para:

• Revogar os consentimentos outorgados.
• Obter confirmación acerca de se na SGAE están a tratarse datos persoais que afectan ao usuario ou non.
• Acceder aos seus datos persoais.
• Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
• Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
• Obter da SGAE a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
• Solicitar a portabilidade dos seus datos.

Sen prexuízo do anterior, pode reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos cando o interesado considere que a SGAE vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.

9. Acceso de terceiros aos datos

Informámoslle de que terceiras empresas alleas á SGAE, como provedores de servizos de internet, compañías de desenvolvemento de aplicacións, empresas de mantemento, etc., no marco dunha prestación de servizos, poden acceder aos datos que se proporcionan a través do sitio web da SGAE. Os prestadores de servizos executan os mesmos na súa condición de encargados do tratamento, segundo as instrucións da SGAE (responsable do tratamento), utilizando os datos de acordo co obxecto do servizo contratado. O prestador está obrigado a non fornecer os datos a outros, e a implementar, nos seus sistemas, as medidas de seguridade adecuadas.

10. Medidas de seguridade

A SGAE tratará os datos do usuario de forma absolutamente confidencial en todo momento e gardando o preceptivo deber de segredo respecto dos mesmos, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando para o efecto as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

Co fin de garantir a integridade dos contidos que circulan a través das infraestruturas de comunicacións electrónicas públicas, o sitio web da SGAE pode remitir determinados contidos cifrados. A aplicación da técnica criptográfica permite que o contido da información emitida só poida coñecela o receptor autorizado.

11. Utilización das cookies

O sitio web da SGAE pode utilizar cookies ou outros dispositivos de almacenamento e recuperación de datos. Neste sentido, a través do sitio web advírtese ao usuario antes da instalación das cookies no programa navegador, que pode rexeitalas e/ou configurar o seu uso e instalación. A instalación de cookies no navegador trala súa aceptación, ben sexa tácita ou expresa, ten como obxecto proporcionar aos usuarios do sitio web da SGAE un servizo o máis adecuado e correcto posible. As cookies permiten o almacenamento de pequenos volumes de información no navegador do usuario facilitando a súa lectura polo servidor que as rexistrou. Para obter máis información, pode consultar a nosa Política de Cookies.

Última actualización: 25/05/2018 Copyright © SOCIEDAD GENERAL DE AUTORES Y EDITORES. Todos os dereitos reservados.

​ ​