MÁIS SERVIZOS
Notifica os teus concertos

Xa sabes a importancia de que nos notifiques tódolos concertos en directo nos que saibas que se interpretaron obras musicales túas para que despois, xunto coas nosas propias xestións, poidamos tamén reflectilo nas túas liquidacións.

Para iso tan só tes de cubrir, segundo corresponda, o formulario para a confección da Folla Programa de Variedades e/ou de Sinfónicos que deseguido che facilitamos e que, unha vez cuberto, tes que imprimir, asinar e enviar por correo postal á Sede Territorial SGAE que corresponda en función da ubicación do local onde se celebrara o concerto ou, no seu defecto, a calquera das nosas Sedes.

Lembra

No caso de que se interpretaran máis de 30 obras túas, por favor, utiliza o anexo 1 que figura no PDF "Formulario para a confección da Folla Programa de Variedades". En caso contrario, non é preciso que imprimas a terceira páxina.

Estes formularios cubertos a man non serán válidos como "Folla Programa".


​​