Faite socio – Como autor menor de idade
Para solicitar o seu ingreso como SOCIO/A SGAE ten que presentar polo menos unha obra difundida publicamente. Para isto, é indispensable que nos envíe proba de ter estreado devandita obra e remitila ao tempo que solicita o seu ingreso en SGAE.
As solicitudes remítense por e-mail á súa delegación máis próxima ou excepcionalmente por correo postal.
TÓDALAS SINATURAS DEBEN SER ORIXINAIS MANUSCRITAS OU BEN DIXITAIS CERTIFICADAS.
Para poder abrir, editar e asinar a documentación, precisarás o Adobe Acrobat Reader DC. Descárgao ou actualízao á súa última versión.
Trátase dun pdf de 31 páxinas que contén:
- Solicitude de ingreso de autor (cubrir e asinar en páxina 4) + sinatura do pai/nai ou titor/a.
- 2 copias do contrato de xestión (cubrir portadas e asinar en páxina 8) + sinatura do pai/nai ou titor/a.
- Ficha de control de sinatura (asinar) + sinatura do pai/nai ou titor/a.
DECLARACIÓN DE OBRA
- Creador musical
- Creador audiovisual
- Creador de artes escénicas
- Editor de música
A obra que rexistra xunta a súa alta debe incluír:
- Declaración de obra (cubrir e asinar por tódolos titulares + sinatura do pai/nai ou titor/a). Importante: a Declaración de Rexistro de Obra debe ser asinada por tódolos autores do tema. Se hai outros autores, déanse de alta ou non, deben repartir os dereitos e plasmar a súa sinatura neste impreso para poder rexistrar o tema.
- Arquivo de Audio en calquera dos seguintes formatos: MP3, .AAC, .M4A, .MP2, .MP4, .Ogg, .WAVE, .WMA, .MOV, .FLAC, .AIF, .AIFF ou .MPEG
Se envía a documentación por correo postal ou audio deberá ir incluído nun soporte CD. Por favor, non esqueza indicar tanto o título como o nome dos autores no mesmo.
Se vostede xa forma parte da repartición de obra rexistrada en SGAE, pero aínda non se deu de alta como socio/a, non ten que presentar nova obra, só darnos o código de rexistro da obra na que vostede xa figura.
Unha vez que se lle confirme a alta como socio/a, xa pode rexistrar obra a través da internet, solicitando as claves de acceso a Socios Enliña.
DOCUMENTACIÓN SOCIO
Fotocopia do DNI + fotocopia DNI do pai/nai ou titor/a, Pasaporte, Permiso de Residencia ou calquera outro documento legal que sirva para acreditar a súa data de nacemento, nacionalidade e residencia.
Fotocopia do Libro de Familia (follas onde aparecen os datos dos pais e a folla onde aparecen os datos do fillo) ou calquera documentación que acredite a titoría.
Breve escrito de conformidade a que o menor ingrese como socio en SGAE, asinado polo pai/nai ou titor/a.
(Se vostede pertence a outra entidade de xestión noutro país e desexa unirse a SGAE, debe solicitar primeiro a baixa, ben TOTAL ou ben PARCIAL (por territorios), para poder ingresar en SGAE).
ABOAMENTO DE INGRESO
Realice o ingreso da cota de alta (pagamento único de 15 euros) a través de transferencia bancaria e remita resgardo da mesma:
- Banco Santander : ES25 0049 1892 6124 1021 7509
- Importe: 15 euros
- Beneficiario: SGAE
- Concepto: Alta socio + o seu nome e apelidos
LEMBRE:
As solicitudes remítense por correo electrónico á sede ou oficina da SGAE que corresponda. Poden presentarse con sinatura electrónica ou manual (achegando, neste caso, ou manuscrito escaneado).
O correo electrónico incorporará adxunta a documentación precisa. Pode facerse un envío único anexando un arquivo comprimido ou ben sucesivos envíos, debidamente identificados, ata completar a documentación. Por motivos de seguridade, non podemos aceptar solicitudes que inclúan ligazón externa de descarga (WeTransfer ou plataformas similares).
Excepcionalmente, pode remitir os orixinais por correo postal ao enderezo da súa sede territorial máis próxima. Consúltea aquí.