‘Conecta Lab’, próximas convocatorias con profesionais do audiovisual

Fundación SGAE apoia esta convocatoria de CREA con acceso preferente para socios/as da SGAE Ata o 11 de xuño, participan referentes como Claudia Costafreda, Mikel Rueda ou Neus Ballús, entre outros

CREA, asociación galega de profesionais da dirección e realización, organiza o ciclo 'Conecta Lab', no que participan nomes de enorme reputación no eido audiovisual. A actividade, que conta co apoio da Fundación SGAE, trata de primeira man algúns dos procesos que atravesan os creadores e creadoras deste sector.

Dende o 7 de abril, os encontros celébranse online a través da plataforma Zoom. Son de acceso gratuíto, limitados a un máximo de 100 persoas, previa inscrición, e con acceso prioritario aos socios e socias da SGAE.

Durante as vindeiras semanas produciranse novos encontros con profesionais como Claudia Costafreda e Mikel Rueda; Heidi Hassan, Patricia Pérez e Nuria Giménez; Ana Pfaff e Ariadna Ribas; Neus Ballús e Gerard Oms; e Víctor Duplá, que conducirá unha xornada presencial na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela o 11 de xuño.

Aquí tes as ligazóns ás vindeiras convocatorias:

Mesa redonda con Heidi Hassan, Patricia Pérez e Nuria Giménez

28 de abril | 18.00h.

Os participantes falarán sobre procesos creativos no cine de non-ficción, o cine do eu e a montaxe a partir de material de arquivo: found footage e collage animado.

Apúntate aquí!

Encontro con Claudia Costafreda e Mikel Rueda

5 de maio | 18.00h.

Encontro con Claudia Costafreda e Mikel Rueda sobre o proceso creativo detrás de series como Veneno ou   Cardo (Atresmedia).

Apúntate aquí!

Encontro co colectivo 'Dostopos' (Ana Pfaff e Ariadna Ribas)

19 de maio | 19.00h.

Encontro sobre procesos creativos durante a fase de montaxe e sobre creación colectiva.

Apúntate aquí!

Encontro con Neus Ballús e Gerard Oms

26 de maio | 19.00h

Encontro con Neus Ballús e Gerard Oms para reflexionar dende un punto de vista teórico sobre o traballo con actores e actrices naturais utilizando como base a experiencia conxunta na creación do último filme de Neus: Sis Dies Corrents.

Apúntate aquí!

Aquí tes toda a información e o detalle das xornadas.