Creadores por Ucraína

CISAC organiza unha campaña internacional en apoio aos autores e autoras do país europeo

Creadoras/es de países de todo o mundo únense para alzar a voz en solidariedade co pobo de Ucraína, os seus autores e a súa cultura a través da CISAC (Confederación Internacional de Sociedades de Autores e Compositores), á que está adherida a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE).

Este organismo internacional -a rede máis grande do mundo no sector creativo, con 228 sociedades membros en 120 países- fai un chamamento público a Rusia para que deixe de matar a civís inocentes, de destruír pobos e cidades, de asaltar a liberdade e a democracia, de violar os dereitos humanos e de atacar a cultura. Ademais, solidarízase cos autores rusos que, consternados polas accións do seu goberno, non poden expresar as súas protestas libremente.

CISAC puxo en marcha unha web específica (Creators for Ukraine) (Creadores por Ucraína) para coordinar internacionalmente accións en solidariedade cos autores deste país europeo, agora devastado pola guerra. Entre outras, unha recollida de sinaturas, un fondo económico de solidariedade, bolsas de emprego ou iniciativas concretas para que a música de autores ucraínos soe nas distintas plataformas musicais existentes, de modo que os dereitos dixitais que se xeren palíen -en certa medida- o parón repentino que sufriu a súa actividade profesional.

Para asinar a mensaxe, aquí

Compartíndoa co hashtag #creatorsforukraine

 

Web Creators for Ukraine