Accede a CULTURA REVISTA SGAE #2

Prezada socia, prezado socio:

Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) presenta o segundo número de CULTURA REVISTA SGAE, unha publicación dixital que creamos dende o departamento de Actividades Complementarias para proxectar os valores musicais, audiovisuais e escénicos que hoxe son tendencia. Para botarlle un ollo, podes facer clic aquí ou acceder en cultura.sgae.es

O escaparate trimestral de talentos ábrese, nesta ocasión, coa reportaxe de portada ¿Por qué lo llamamos cine de mujeres?, unha panorámica coas premiadas directoras e autoras Arantxa Echevarría, Belén Funes, Pilar Palomero, Ainhoa Rodríguez e  Carla Simón. CULTURA REVISTA SGAE #2 ofrece tamén unha entrevista con Marta González de Vega, guionista dos últimos éxitos de Santiago Segura no cine, que agora prepara o lanzamento do filme De Caperucita a loba en solo seis tíos (2022). E, para rematar de retratar a importancia da ollada feminina no audiovisual actual, falamos con Isa Sánchez, escritora do filme Alegría (2021).

Accede a CULTURA REVISTA SGAE #2

No eido musical, CULTURA REVISTA SGAE #2 repasa Mediterráneo (1971), o clásico de Joan Manuel Serrat, revisado por Los Estanques con voces como Anni B Sweet, Maria Rodés ou Carlangas (Novedades Carminha). Dentro da música urbana contactamos con Yomil, artista de referencia para este xénero no Caribe, que describe a situación do reguetón en Cuba. Ademais, Los Vinagres falan do desastre natural na súa illa de La Palma e  Alberto & García explican cómo gravaron o seu disco en directo.

En canto ás artes escénicas, CULTURA REVISTA SGAE #2 conecta con dous dos dramaturgos máis talentosos e particulares do panorama presente: Fernando Delgado-Hierro (autor revelación nos Max 2021) e Paco Bezerra (Premio SGAE Jardiel Poncela 2021). Pola súa parte, o reputado Rubén Olmo (coreógrafo e director do BNE) ofrece a súa visión da danza en España.

CULTURA REVISTA SGAE #2 complétase con reportaxes sobre a profesión de editor musical e os estudios de gravación caseiros. Para pechar, inclúese unha nova sección na que a especialista Paula Quintana (do programa Capitán Demo, Radio 3) recomenda novos valores da escena pop.

Bota unha ollada a CULTURA REVISTA SGAE #2