PULSO - Audiovisual: posicionamento e xestión da obra na rede
A Fundación SGAE convoca o ciclo PULSO a través da plataforma Webex, con acceso gratuíto, os días 5, 6, 7 e 8 de xullo

Reputados profesionais ofrecerán a súa experiencia para unha mellor xestión e aproveitamento da creación musical, audiovisual ou dramática na contorna dixital

Participarán, entre outros, Alma Martínez (BOA, Altafonte); Laura Virgil (Sony Music), Geraldine Gonard (Conecta Fiction); Susana Herreras (Movistar+) ou Antonio Najarro (Compañía Antonio Najarro)

A Fundación SGAE convoca o ciclo PULSO, unha serie de charlas prácticas que abordarán o posicionamento na internet das obras musicais, audiovisuais ou dramáticas, así como a xestión dos dereitos de autor derivados. O obxectivo é achegar recursos ao autor ou autora para un mellor aproveitamento do seu traballo na actual contorna dixital, imprescindible para a difusión da obra artística.

As sesións celebraranse a través da plataforma Webex, con acceso gratuíto, os días 5, 6, 7 e 8 de xullo, sempre a partir das 16:30 horas. As inscricións para cada unha das xornadas realizaranse mediante solicitude ao email pblanco@fundacionsgae.org, especificando claramente no asunto a xornada á que se desexa asistir. Segundo rigorosa orde de inscrición, a admisión pecharase ao completar a capacidade.

8 xullo 2021, 16:30 h.
Audiovisual: posicionamento e xestión da obra na rede

No sector audiovisual, a distribución da obra no ámbito dixital é crucial. Esta charla dará a coñecer as habilidades e competencias creativas necesarias para o desenvolvemento de produtos audiovisuais na actualidade. Onde e como temos que estar? Como afrontar unha reunión ou pitching?

Participan:

- Geraldine Gonard. Directora Xeral de Inside Content e do evento anual Conecta Fiction.
- Susana Herreras. Responsable de Desenvolvemento de Series Orixinais en Movistar+ e profesora regular do Máster de Guión da UPSA.

Conduce:

Fabia Buenaventura. Directora da División Audiovisual da SGAE.

Máis información, aquí.

Programa do ciclo PULSO