A Fundación SGAE convoca o I Ciclo de Monólogos Teatrais SGAE 2021-2022
Só se aceptarán monólogos inéditos, orixinais e que non foran representados

Último día para participar: 30 de xullo de 2021

Os monólogos seleccionados serán representados na Sala Berlanga (Madrid) entre o 10 e o 14 de xaneiro de 2022

A Fundación SGAE convoca a primeira edición do Ciclo de Monólogos Teatrais SGAE 2021-2022, co propósito de impulsar a creación de novos textos teatrais, contribuír ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar os autores e autoras da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE).

A convocatoria permanecerá aberta dende o 15 de xuño ata o 30 de xullo de 2021, e poderán concorrer todos os socios e socias da SGAE con textos de monólogos inéditos, orixinais e que non foran representados nin postos a disposición do público. Permítese a presentación de monólogos creados en coautoría, sendo dous o número máximo de coautores que se admiten; ambos deberán ser socios ou socias de SGAE.

Un xurado especializado, integrado por profesionais do mundo das artes escénicas de recoñecido prestixio, será designado proximamente pola Fundación SGAE e valorará as propostas presentadas para seleccionar os monólogos. Estes representaranse entre o 10 e o 14 de xaneiro de 2022 na Sala Berlanga de Madrid (r/ Andrés Mellado, 53). Os autores seleccionados, ademais, poderán elixir un actor/actriz e un director/a, que serán contratados pola Fundación SGAE para a representación.

Inscríbete aquí

Máis información e bases