Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM

A Fundación SGAE e o Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) abren a convocatoria da XXXII edición do Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM. Consolidados xa entre os profesionais da música, estes galardóns teñen o obxectivo de estimular a creación no eido da clásica contemporánea entre os compositores novos e contribuír ao desenvolvemento social mediante o coñecemento de novas linguaxes, tendencias e modos de expresión musicais.

Requisitos (ver a información completa nas bases):

- Aberto a tódolos compositores e compositoras en calquera país do mundo, socios/as de SGAE.
- Compositores e compositoras menores de 35 anos ao peche da convocatoria.
- Obras de calquera linguaxe ou tendencia estética dentro da música contemporánea.
- Obras inéditas, de autoría única, cunha duración entre sete e doce minutos.
- Obras axustadas a un modelo instrumental conformado por un mínimo de cinco intérpretes e un máximo de oito.
- Aqueles autores cuxas obras foran distinguidas co primeiro premio nas edicións convocadas a partir de 2018 non poderán participar.
- Cada concursante só poderá presentar unha única obra.

O prazo de presentación de partituras permanecerá aberto ata o venres, 10 de setembro de 2020. As partituras deberán ser remitidas por email ao enderezo de correo electrónico smoralg@fundacionsgae.org xunto cos datos de contacto do autor, a Declaración de Obra na SGAE escaneada e un breve currículo.

Un xurado, composto por destacados expertos en música, seleccionará as catro obras finalistas, que optarán a catro galardóns valorados en total en 11.700 euros. Ademais, súmase o “Premio Especial JM España”, que outorgará Juventudes Musicales de España e ofrece ao gañador do primeiro premio a posibilidad de converterse en Compositor Residente da Rede de Músicas de JM España durante a temporada 2022-2023. JM España encargaralle tres obras de música de cámara e outorgará 1.000 euros por cada peza. Por último, a Fundación SGAE editará un disco promocional coa gravación en directo das interpretacións no concerto final.

Máis información e bases