Convocatoria do XVIII Premio SGAE de Guión para Longametraxe

A Fundación SGAE convoca a XVIII edición do Premio SGAE de Guión para Longametraxe Julio Alejandro 2021. O certame está aberto a tódolos autores e autoras socios da SGAE de calquera nacionalidade. O prazo de presentación dos textos orixinais, que poden estar escritos en calquera das linguas oficiais do Estado español, rematará o vindeiro 20 de xullo. As bases están dispoñibles na páxina web da Fundación SGAE.

Un xurado designado pola entidade, integrado por autores e profesionais do medio cinematográfico, seleccionará tres finalistas que optarán a un único e indivisible premio dotado con 25.000 euros. Os dous finalistas recibirán 3.500 euros pola súa designación como tales. O gañador darase a coñecer nun acto público que se celebrará no último trimestre do ano.

Bases e inscrición