XII Concurso de Curtametraxes de RNE- Fundación SGAE

Radio Nacional de España e a Fundación SGAE renovan o seu compromiso co futuro do cine español mediante a sinatura dun novo convenio polo que ambas institucións convocan o XII Concurso de Curtas RNE, que, por mor da pandemia de Covid-19 non puido celebrarse en 2020.

No concurso, organizado a través do programa de Radio Nacional De Película dirixido por Yolanda Flores, poden participar realizadores de calquera nacionalidade con residencia en España. Os traballos que presenten a concurso deben ter sido realizados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 6 de xuño de 2021, día no que remata o plazo para presentar as curtametraxes.

O gañador recibirá 3.500 euros de premio como axuda a unha produción cinematográfica que estreará o vindeiro ano e a súa curta poderá verse nun pase especial en Televisión Española.

Máis información e bases