Último tramo do ciclo para creadores audiovisuais ‘Do papel á pantalla’
A asociación CREA organiza unha serie de clases maxistrais ‘online’ coa implicación da Fundación SGAE en Galicia

Prazas dispoñibles para as últimas sesións sobre procesos creativos e consellos legais

A asociación CREA, co apoio fundamental da Fundación SGAE, celebra o ciclo de clases maxistrais Do papel á pantalla. Nestas charlas online gratuítas, destinadas exclusivamente a socios/as da SGAE e CREA, detállanse de primeira man algúns dos procesos creativos que afectan aos profesionais da dirección e a realización audiovisual. Pero tamén se tocan aspectos legais relativos a este oficio.

Aínda quedan por celebrarse tres interesantes charlas do programa de Do papel á pantalla, que conta coa implicación do Consello Territorial da SGAE en Galicia. Asistindo, os nosos creadores poderán coñecer a experiencia de cineastas como Celia Rico ou Pablo Berger, que falarán dos procesos creativos que están a desenvolver nos seus novos proxectos de series de televisión e longametraxes de ficción ou animación. Os aspectos legais, tan importantes para o exercicio da profesión audiovisual, serán tratados nunha charla específica con Enrich Advocats, gabinete especializado en dereito da propiedade intelectual e imaxe; e con María Mateo, avogada dos servizos xurídicos da SGAE.

As charlas celébranse a través da plataforma Zoom e son de acceso gratuíto para socios e socias de SGAE ou de CREA. A inscrición para as últimas sesións pode realizarse a través das ligazóns que atoparás máis abaixo.

Para máis información sobre esta actividade ou sobre o proceso de inscrición para as charlas: conecta@crea.gal

PROGRAMA DE CLASES MAXISTRAIS

20 de marzo - 12.00h.
Pablo Berger - Procesos creativos
Inscrición aquí.

25 de marzo - 18.00h.
Enrich Abogados e María Mateo (Servizos Xurídicos SGAE) - Aspectos legais para profesionais da dirección e realización
Inscrición aquí.

1 de abril - 18.00h.
Celia Rico - Procesos creativos
Inscrición aquí.