Fundación SGAE apoia o ciclo ‘Do papel á pantalla’ para creadores audiovisuais
A asociación CREA organiza unha serie de clases maxistrais ‘online’ coa implicación do Consello Territorial da SGAE en Galicia

Participarán profesionais como Carla Simón, Celia Rico ou Pablo Berger, entre outros

A asociación CREA, co apoio fundamental da Fundación SGAE, convoca o ciclo de clases maxistrais Do papel á pantalla. Nestas charlas online gratuítas, destinadas exclusivamente a socios/as da SGAE e CREA, detallaranse de primeira man algúns dos procesos creativos que afectan aos profesionais da dirección e a realización audiovisual. Tocaranse tamén aspectos legais relativos a este oficio e farase unha aproximación ao mundo da distribución audiovisual.

Para máis información, preme aquí.

Co ciclo Do papel á pantalla, que conta coa implicación do Consello Territorial da SGAE en Galicia, os nosos creadores poderán coñecer a experiencia de cineastas como Carla Simón, Celia Rico ou Pablo Berger, que falarán dos procesos creativos que están a desenvolver nos seus novos proxectos de series de televisión e longametraxes de ficción ou animación. Os aspectos legais, tan importantes para o exercicio da profesión audiovisual, serán tratados nunha charla específica con Enrich Advocats, gabinete especializado en dereito da propiedade intelectual e imaxe; e con María Mateo, avogada dos servizos xurídicos da SGAE.

Por último, o ciclo presenta unha interesantísima aproximación ao mundo da distribución cun dos maiores especialistas e divulgadores deste eido: Ismael Martín. Estreas, estratexias de festivais, negociación de vendas ou planificación do teu proxecto audiovisual son algúns dos temas nos que nos mergullaremos durante as dúas sesións dunha clase maxistral na que Ismael Martín tratará de resolver todas as dúbidas que acheguen os asistentes.

As charlas celebraranse a través da plataforma Zoom e serán de acceso gratuíto para socios e socias de SGAE ou de CREA. A partir de hoxe pódese formalizar a inscrición para as primeiras dúas sesións a través das ligazóns que atoparás máis abaixo .

A información específica co proceso de inscrición para as seguintes charlas será publicada na web de CREA.

Para máis información sobre esta actividade ou sobre o proceso de inscrición para as charlas: conecta@crea.gal

Programa de clases maxistrais

6 e 7 de marzo - 11.30h.
Ismael Martín - O universo da distribución
Inscricións aquí.

*Trátase de dúas sesións complementarias, pero independentes. Hai que seleccionar na inscrición a data na que se desexa asistir; para asistir os dous días é preciso facer dúas inscricións.

11 de marzo - 20.00h.
Carla Simón - Procesos creativos
Inscrición aquí.

20 de marzo - 12.00h.
Pablo Berger - Procesos creativos

25 de marzo - 18.00h.
Enrich Abogados e María Mateo (Servizos Xurídicos SGAE) - Aspectos legais para profesionais da dirección e realización

1 de abril - 18.00h.
Celia Rico - Procesos creativos

Máis información, aquí.