Aberta a convocatoria dos premios anuais para autores de teatro en 2021
Trátase do XXX Premio SGAE de Teatro 'Jardiel Poncela', o XXII Premio SGAE de Teatro Infantil; o XV Certame Internacional 'Leopoldo Alas Mínguez' para textos LGTBIQ+ e o III Premio SGAE de Teatro 'Ana Diosdado' para textos escritos por mulleres

Os interesados/as poden enviar os seus textos ata o 26 de abril de 2021

Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral, a Fundación SGAE convoca os seus premios anuais para autores de teatro: XXX Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, XXII Premio SGAE de Teatro Infantil; XV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais de temática LGTBIQ+ e III Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres.

O prazo de entrega de textos remata o vindeiro 26 de abril de 2021. O xurado estará integrado por profesionais das artes escénicas de recoñecido prestixio. A resolución dos catro premios farase pública antes do 31 de decembro de 2021.

A dotación destes premios alcanza os 24.000 euros repartidos do seguinte xeito: Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, 8.000 euros; Premio SGAE de Teatro Infantil, 8.000 euros; Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez, 4.000 euros, e Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado, 4.000 euros. Ademais, os textos serán incluídos no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e posteriormente publicados nas coleccións que edita a Fundación SGAE.

A ficha de inscrición e as bases desta edición están dispoñibles aquí.

Premio SGAE de Teatro 'Jardiel Poncela'

A Fundación SGAE reivindica con este premio a figura do escritor e dramaturgo madrileño Enrique Jardiel Poncela, un dos autores fundamentais do teatro español. A entidade convoca este galardón dende hai 30 anos co obxectivo de fomentar a creación de novos textos dramáticos que, tanto pola boa calidade e orixinalidade dos seus diálogos como pola súa visión escénica, axudan ao desenvolvemento do teatro.

Máis información e bases

Premio SGAE de Teatro Infantil

A Fundación SGAE convoca este galardón dende hai 22 anos co propósito de impulsar e apoiar a creación de obras dramáticas dirixidas a nenos que, tanto pola boa calidade e orixinalidade dos seus diálogos como pola súa visión escénica, contribúen ao progreso do panorama teatral orientado a público infantil.

Máis información e bases

Certame Internacional 'Leopoldo Alas Mínguez'

Organizado pola Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible para estimular e normalizar a presenza do colectivo LGTBIQ+ na creación teatral contemporánea en lingua española, este premio rende homenaxe a un dos intelectuais máis comprometidos coa causa do activismo e a cultura LGTBIQ+, o desaparecido escritor e xornalista rioxano Leopoldo Alas Mínguez, finado en Madrid en 2008. Trátase, ademais, do único certame no seu xénero en todo o mundo.

Máis información e bases

Premio SGAE de Teatro 'Ana Diosdado'

Dende 2019, como reflexo do seu compromiso pola igualdade, a Fundación SGAE convoca este premio dirixido a textos escritos por mulleres. A entidade pretende así recoñecer, impulsar e visibilizar a creación e a dramaturxia contemporánea feminina de excelencia. O Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado é, ademais dunha plataforma de visibilización e impulso para a dramaturxia contemporánea feminina, un tributo á memoria da guionista e dramaturga Ana Isabel Álvarez-Diosdado Gisbert (1938-2015).

Máis información e bases