Convocatoria aberta VII JazzEñe. Mostra de jazz español para programadores internacionais
O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 8 de marzo de 2021

A Fundación SGAE, en colaboración co concello de Donostia/San Sebastián, Donostia Kultura e o Festival de Jazz de San Sebastián/Donostiako Jazzaldia, pon en marcha a sétima edición de JazzEñe, mostra de jazz español para programadores internacionais que se celebrará do 22 ao 25 de xullo en San Sebastián, no marco do 56 Jazzaldia.

Esta iniciativa ten como obxectivo a internacionalización do jazz de autores socios/as de SGAE. Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a:

• Tódolos autores e autoras socios/as de SGAE que forman parte do sector musical.
• Grupos de jazz que, non tendo como integrante un autor ou autora socio/a de SGAE, si utilicen repertorio rexistrado en SGAE. Só se admitirán formacións que teñan como máximo cinco compoñentes.

Aqueles autores ou grupos interesados en participar poden enviar a súa solicitude ata o 8 de marzo de 2021. As solicitudes deberán cursarse, en lingua castelá, a través do formulario online habilitado a tal efecto na web da Fundación SGAE, coa documentación estipulada nas bases.

Un Comité de Avaliación, designado pola Fundación SGAE e formado por profesionais do sector musical especializados en jazz, programadores, representantes institucionais e profesionais da xestión cultural será o encargado de avaliar e seleccionar os autores e/ou grupos que participarán nesta VII edición de JazzEñe. A resolución farase pública ao longo do mes de abril de 2021.

Os autores e grupos de jazz seleccionados ofrecerán concertos en formato showcase ao público asistente, do que formarán parte diferentes directores e programadores de festivais de todo o mundo interesados en coñecer a realidade do jazz español. Ademais, organizaranse encontros entre estes directores de festivais e programadores de jazz internacionais, convidados pola Fundación SGAE, e os mánagers dos autores e grupos co fin de xerar sinerxías, intercambiar coñecementos e pechar acordos de colaboración.

Inscríbete aquí
Máis información e bases (PDF)