Incentivos á creación musical: estreas

O Programa Xeral de Incentivos á Creación Musical da Fundación SGAE apoia a difusión do repertorio orquestral e camerístico dos compositores contemporáneos mediante un sistema de axudas á estrea de obras, ás novas edicións musicais e á encarga de obras orquestrais.

A Fundación SGAE renova un ano máis este programa para tódalas Estreas de obras e Edición de partituras (de obras orquestrais, de cámara e outros formatos de concerto) que se realizaran ao longo de todo o ano 2020.

Así mesmo, renóvase o acordo coa Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS) para a concesión de Incentivos para Obras por Encarga co obxectivo de estimular e apoiar a creatividade dos autores asociados á SGAE. Esta iniciativa constitúe unha acción paralela ás encargas realizadas polas orquestras españolas co propósito de incrementar o repertorio sinfónico español contemporáneo.

Dende a súa creación no ano 2006, o programa de Incentivos á Creación Musical da Fundación SGAE e AEOS propiciou a realización de máis de 125 obras por encarga, que se incorporaron aos repertorios das orquestras españolas. Recentemente, a JONDE interpretou as obras de Raquel García–Tomás e David Moliner.

Incentivos á creación musical: estreas

Inscricións abertas ata o 26 de marzo de 2021

Dirixido a obras para orquestra sinfónica, agrupacións de cámara, instrumentos a só, para voz ou agrupacións corais (con ou sen acompañamento), dramático-musicais (óperas, zarzuelas e ballets), electroacústicas e para banda sinfónica de música clásica (quedan excluídas as obras de carácter folclórico-popular). As obras deben ser orixinais e superar os cinco minutos de duración. Os incentivos á creación concederanse aos autores unicamente pola estrea absoluta das mesmas.

Ampliar información