Convócase o premio Carmen Mateu Young Artist European Award, Opera and Dance
Este ano, a categoría é de composición de ópera, cunha dotación económica de 30.000 euros

O prazo de recepción de candidaturas está aberto ata o 28 de febreiro de 2021

No marco da colaboración da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) co Festival de Peralada, trasladámosche información relativa á segunda edición do premio Carmen Mateu Young Artist European Award, Opera and Dance.

O galardón, cunha dotación económica de 30.000 euros, recoñece a traxectoria de artistas novos nas disciplinas de ópera e danza para contribuír ao desenvolvemento da súa carreira, e ao impulso e prestixio de tales disciplinas no ámbito europeo.

O Carmen Mateu Young Artist European Award premia dúas categorías, unha de ópera e outra de danza, en anos alternos. Na súa segunda edición, o premio diríxese á categoría de Ópera, concretamente na especialidade de composición. O período de recepción de candidaturas está aberto ata o 28 de febreiro de 2021.

Trátase dunha iniciativa para perpetuar a memoria da fundadora do Festival de Peralada, Carmen Mateu. Os membros do xurado este ano son Raquel García-Tomás, compositora; Joan Matabosch, director artístico do Teatro Real; Josep Pons, director de orquestra; e Diana Syrse, compositora e cantante.

Máis información e bases