SGAE Documental 2020
Recepción de documentais ata o 31 de decembro de 2020

A Fundación SGAE, cumprindo co seu obxectivo de impulsar a promoción de xéneros audiovisuais de especial interese, como o documental, convoca por segundo ano consecutivo o programa SGAE Documental 2020, co fin de acoller obras para a súa exhibición en sala. O prazo de presentación de obras audiovisuais permanecerá aberto ata o día 31 de decembro de 2020.

Esta convocatoria está aberta á participación de tódolos autores/as de documentais socios/as da SGAE. Poden presentarse documentais de temática libre, con duracións non inferiores aos 45 minutos e producidos a partir de xaneiro de 2019, sen limitación no número de obras por participante. O titular dos dereitos da obra seleccionada recibirá unha compensación económica de 200 € netos pola proxección en concepto de dereitos de exhibición.

As obras que non estean filmadas en idioma castelán deberán presentarse con subtítulos en ese idioma. Para a súa proxección, admitiranse en soporte 35 mm. ou copia master sobre DCP ou Blu-Ray, puidendo a organización determinar o formato de proxección en sala en función da mellor operatividade, a partir do soporte do que o autor dispoña.

A recepción das obras realizarase telematicamente no correo electrónico audiovisuales@fundacionsgae.org co asunto “SGAE Documental 2020”. Pechado o prazo de presentación, a Fundación SGAE designará un comité integrado por profesionais do sector de recoñecido prestixio que valorarán as obras presentadas e seleccionará os títulos escollidos.

Os documentais seleccionados proxectaranse na Sala Berlanga (r/ Andrés Mellado, 53, Madrid) durante o primeiro semestre de 2021, coa posibilidade de reprogramarse noutras salas dependentes de SGAE ou a Fundación SGAE en toda España.

Bases e máis información