Últimos días para presentarse ao concurso 'CreaClásica' de composición sinfónica
Este proxecto, convocado pola Orquesta Clásica de Vigo, conta co apoio da Fundación SGAE

Os compositores novos titulados poden enviar os seus traballos ata o 5 de outubro

Achégase o peche de prazo do II CreaClásica, un concurso de composición destinado a novos compositores galegos que convoca a Orquesta Clásica de Vigo. A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia, apoia este proxecto, que aposta pola difusión e recoñecemento de talentos emerxentes e que procura, ademais, incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo. O certame pretende ofrecer unha plataforma para todos aqueles autores galegos que saen dos nosos conservatorios e que, a día de hoxe, non contan cun espazo destinado a divulgar e difundir as súas creacións.

Os compositores que desexen participar en CreaClásica deberán ser titulados nos últimos 5 anos e socios da SGAE. Poderá presentarse unha única obra, inédita, cunha duración máxima de 15 minutos e mínima de 10 minutos. Os traballos deberán ser enviados a crea@orquestaclasica.com a través da plataforma Wetransfer, evitando en todo momento amosar elementos que poidan identificar o autor, co fin de garantir o anonimato ante o xurado.

O prazo para presentar as candidaturas e os materiais está aberto ata o día 5 de outubro ás 14:00. Proporcionarase ao gañador un premio económico de 500 euros; a obra escollida será interpretada e gravada pola Orquesta Clásica de Vigo, que a difundirá tamén nas súas canles dixitais.

Máis información e bases