A Fundación SGAE continúa en outubro coa súa serie de faladoiros 'online' sobre o audiovisual
Tres sesións diferentes contarán con destacados guionistas os días 6, 13 e 20 de outubro de 2020 a través de Webex Meetings

Inscricións previas no email: formacion@fundacionsgae.org

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros Creando en tiempos del Covid, un punto de encontro entre creadores para conversar sobre a súa experiencia e compartir reflexións a futuro. O actual ciclo, baixo o epígrafe Una panorámica sobre la actualidad de la ficción española, celebrarase online (a través da aplicación Webex) cada martes ata o 20 de outubro d e 11:00 a 12:30 horas, con entrada libre previa inscrición no email: formacion@fundacionsgae.org

A actividade está integrada por diferentes faladoiros que contarán coa participación de autores sobranceiros. Así, os guionistas Alberto Grondona ( Hospital Central, El tiempo entre costuras) e Nuria Perera ( Infidels, La riera) debaterán sobre a natureza dos novos espazos audiovisuales en Confrontando métodos de trabajo: Televisión tradicional vs. Plataformas Digitales moderados pola tamén guionista e directora institucional de Audiovisual da Fundación SGAE, Silvia Pérez de Pablos. Ademais, os guionistas Rafael Cobos (La peste, La isla mínima) e Anna Rodríguez Costa ( El banquete, Arde Madrid), moderados pola guionista e directora Ana Graciani, exporán as diferenzas entre escribir para a escena e para a pantalla en Teatro y audiovisual. Las diferencias entre dramaturgia y guion. Estas sesións celebraranse, respectivamente, os martes 6 e 13 de outubro ás 11 horas.

O martes 20 de outubro desenvolverase a quinta xornada de faladoiros, versando esta vez sobre o xénero thriller en xeral, pero deténdose en particular na análise da última película de Daniel Calparsoro, Hasta el cielo. Para iso contaremos coa presenza do propio director e de Jorge Guerricaechavarría, 'Guerrica', guionista de longa andaina e experiencia e cun currículo que inclúe, entre outras, películas coma El día de la bestia, La comunidad, Celda 211 ou 800 balas. O escritor e guionista vasco Joanes Urkixo actuará como moderador da sesión.

As inscricións son gratuítas e realízanse enviando un email de confirmación de participación a formacion@fundacionsgae.org, indicando no asunto o nome da xornada na que se desexe participar.

Programa

III Creando en tiempos del Covid - Confrontando métodos de trabajo: Televisión tradicional vs. Plataformas digitales

Día: Martes, 6 de outubro
Horario: 11:00h - 12:30h
Participan:
Alberto Grondona, guionista
Nuria Perera, guionista
Modera: Silvia Pérez de Pablos, guionista e directora institucional de Audiovisual da Fundación SGAE

IV Creando en tiempos del Covid - Teatro y audiovisual. Las diferencias entre dramaturgia y guion

Día: Martes,13 de outubro
Horario: 11:00h - 12:30h
Participan:
Rafael Cobos, guionista
Anna Rodríguez Costa, guionista
Modera: Ana Graciani, guionista e directora

V Creando en tiempos del Covid - Trabajando en un thriller. Coloquio sobre la película: Hasta el cielo

Día: Martes, 20 de outubro
Horario: 11:00h – 12:30h.
Participan:
Daniel Calparsoro, director
Jorge Guerricaechavarría, guionista
Modera: Joanes Urkixo, guionista

Máis información