Presentación do estudo de xénero ‘¿Dónde están las mujeres en las artes escénicas?’

Sala Virtual a través de Webex

Mércores, 23 de setembro
11.00 horas

Previa inscrición a través do email: prensa@fundacionsgae.org

A asociación Clásicas y Modernas, en colaboración coa Fundación SGAE, elaborou o estudo ¿Dónde están las mujeres en las artes escénicas?, no que se analiza o papel da muller dentro desta disciplina. Os datos presentaranse o vindeiro mércores 23 de setembro, ás 11.00 horas, nun encontro virtual a través da plataforma Webex. P ara poder asistir, debe solicitarse acreditación previa a través do email: prensa@fundacionsgae.org. A análise tomou como referencia os datos recollidos tanto na creación como na dirección dos teatros de España durante a temporada 2018/2019.

Anna Caballé Masforroll, presidenta de Clásicas y Modernas, dará a coñecer as conclusións principais do estudo e as medidas a tomar para subsanar este claro desequilibrio. Con ela estarán Juan Luis Mira, director institucional de Artes Escénicas da Fundación SGAE; Margarita Borja, autora, directora escénica e coordinadora nacional das Temporadas de Igualdad en las Artes Escénicas de Clásicas y Modernas; Carme Portacelli, directora artística do Teatro Nacional de Cataluña para a temporada 2021-22; e Natalia Álvarez Simó, directora de Centro Cultural Conde Duque.

Acerca de Clásicas y Modernas

Clásicas y Modernas é unha asociación creada en 2009 que traballa pola igualdade de xénero no sector cultural. Formada por máis de 200 creadoras, está presidida por Anna Caballé Masforroll. A escritora Laura Freixas é a súa Presidenta de Honor.

Asunto: Presentación do estudo '¿Dónde están las mujeres en las artes escénicas?'

Día: Mércores 23 de setembro de 2020

Hora: 11.00 horas

Lugar: Presentación virtual vía Webex.

Confirmación de asistencia: Prégase confirmación de asistencia antes do 22 de setembro respondendo este email ou solicitando convite a: prensa@fundacionsgae.org

Inscricións