'XVIII Obradoiro de Son e Música para Cine' en Madrid
Os compositores do audiovisual Eduardo Armenteros e José Miguel Martínez dirixen a actividade, que contará con Howard Shore, gañador de tres premios Oscar

As persoas interesadas deberán remitir a documentación solicitada antes do 19 de outubro de 2020

A Fundación SGAE organiza o XVIII Obradoiro de Son e Música para Cine, que terá lugar na súa sede de Madrid (r/Bárbara de Braganza, 7) e na sede da SGAE (r/ Fernando VI, 4) entre os meses de novembro e xaneiro. Trátase dunha actividade didáctica dirixida tanto a profesionais como a estudantes do sector da música (preferentemente da área de composición) ou de son e imaxe.

O obradoiro admite dúas modalidades de asistencia: alumnos activos e oíntes. Os oito alumnos activos comporán a banda sonora dunha curtametraxe empregando medios electrónicos e instrumentos acústicos. Para ser seleccionado como alumno activo, as persoas interesadas deberán remitir a documentación solicitada antes do 19 de outubro de 2020. A selección final de alumnos darase a coñecer o 26 de outubro de 2020.

Diversos profesionais do sector, convidados ao obradoiro, ofrecerán un percorrido fundamental polos principais recursos compositivos da música dentro do cine. Así mesmo, os directores da actividade coordinarán o control, a supervisión e a montaxe da música composta.

O último día do obradoiro organizarase unha proxección das curtametraxes, coa música composta polos alumnos; convidarase a profesionais que poidan estar interesados en coñecer novos compositores de música para a imaxe.

DATAS:

Venres e sábados entre o 6 de novembro de 2020 e o 15 de xaneiro de 2021

LUGAR:

Venres (activos e oíntes) na SGAE - r/ Fernando VI, número 4. Madrid
Sábados (activos) na Aula de Formación de Fundación SGAE – r/ Bárbara de Braganza, número 7. Madrid.
(*) A demostración práctica do 5 de decembro levarase a cabo nos estudios
Best Digital (r/ Valle de Belagua, s/n, Boadilla del Monte, Madrid).

DURACIÓN:

Alumnos oíntes: 28 horas
Alumnos activos: 53 horas

COORDINADORES DO OBRADOIRO:

Eduardo Armenteros, compositor e doutor en Ciencias da Música
José Miguel Martínez, músico e produtor

PROFESORES:

José Nieto, compositor con máis de 150 bandas sonoras orixinais de película e seis premios Goya.
Josete Ordónez, músico e guitarrista profesional de Rosario Flores, Manolo García, Eliseo Parra, Pasión Vega e Javier Paxarino, entre outros.
José Luis Crespo, enxeñeiro de son que gravou e mesturou a música de máis de cincuenta películas e traballou con artistas como Joan Manuel Serrat, Miguel Ríos, Ana Belén, Luz Casal ou Miguel Bosé.
Howard Shore, autor de máis de cen bandas sonoras orixinais para o cine de Hollywood, gañador de tres premios Oscar, tres Globos de Ouro e catro Grammy pola súa colaboración na triloxía de O Señor dos Aneis.
Raúl Galván, compositor e profesor de historia da música do cine.
Víctor del Castillo, director técnico dos estudios de mesturas de cine Best Digital.
Alejandro Moreno, compositor, pedagogo, improvisador e intérprete.
Eva Gancedo, compositora, pedagoga e intérprete. Premio Goya por La buena estrella.
Zacarías Martínez de la Riva, compositor da BSO das películas Las aventuras de Tadeo Jones e Tadeo Jones 2: El secreto del rey Midas, entre outras.

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Alumno activo: 8
Alumno oínte: Ata completar capacidade

PREZO:

Alumno activo: 300€ (Precio socio SGAE: 190€)
Alumno oínte: 100€ (Prezo socio SGAE: 50€)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:

Ata o 19 de outubro de 2020

Máis información e inscrición