A Fundación SGAE convoca a V edición de 'FlamencoEñe'
Mostra Internacional de Flamenco para Programadores Internacionais

Celebrarase en Cartaxena (Murcia) do 11 ao 13 de decembro de 2020

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 24 de setembro

A Fundación SGAE, en colaboración co concello de Cartaxena, pon en marcha a quinta edición de FlamencoEñe, iniciativa que ten como obxectivo a internacionalización do flamenco e que se celebrará do 11 ao 13 de decembro de 2020 en Cartaxena, Murcia.

Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a:

• Tódolos autores socios da SGAE que forman parte do sector musical.
• Grupos de flamenco que, sen ter como integrante ningún autor socio de SGAE, si utilicen repertorio rexistrado na SGAE.

Os obxectivos deste programa son: promocionar de xeito directo o flamenco español, incentivar a participación de grupos españois de flamenco en festivais, promover xiras internacionais para socios da SGAE e favorecer os encontros e o intercambio de experiencias e coñecemento entre profesionais do sector (autores, artistas, mánagers, programadores, directores de festivais, discográficas, etc.).

Nestes tres días os autores e os grupos de flamenco participantes ofrecerán concertos en formato showcase ao público asistente, do que formarán parte diferentes directores e programadores de festivais internacionais interesados en coñecer a realidade do flamenco español. Ademais, organizaranse encontros entre directores de festivais e programadores de flamenco internacionais, convidados pola Fundación SGAE, e mánagers de autores e grupos.

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o luns 24 de setembro de 2020.

Máis información e bases