A SGAE e Cruz Vermella colaboran para atender a persoas en situación de vulnerabilidad social

Pé de foto (de esquerda a dereita): Javier Senent, presidente de Cruz Vermella, e Antonio Onetti, presidente da SGAE.

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) asinou hoxe un acordo de colaboración con Cruz Vermella Española. En concreto, ambas organizacións traballarán na definición dun marco de cooperación que facilite a posta en marcha de obradoiros e actividades lúdicas nos programas de Cruz Vermella Española para mulleres en dificultade social; persoas maiores e coidadoras; e persoas en situación de extrema vulnerabilidade. Ademais, os socios da SGAE poderán participar no programa de emprego e nas iniciativas de voluntariado corporativo de Cruz Vermella.

O presidente de Cruz Vermella, Javier Senent, e o presidente da SGAE, Antonio Onetti, foron os encargados de asinar o convenio para que ambas organizacións comecen a traballar en proxectos conxuntos. O acto tivo lugar hoxe, venres 17 de xullo, no Palacio de Longoria, sede central da SGAE en Madrid.

“Dende a SGAE, entendemos como unha responsabilidade social a colaboración con entidades non gubernamentais que impulsen os principios básicos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos”, explicou Onetti. “En nome dos autores que represento como presidente, é un orgullo traballar a carón dunha organización que resulta tan útil para axudar aos demais; máis agora que a situación social e económica no noso país se viu agravada pola crise sanitaria”. Onetti lembrou que “a solidariedade e a cooperación son dúas cualidades intrínsecas ao ADN do colectivo autoral”.

Pola súa parte, Javier Senent amosou a súa satisfacción pola sinatura dun convenio que “vén sumar esforzos para mellorar a atención a persoas en situación de vulnerabilidade. Máis agora, trala crise sanitaria e socioeconómica xerada pola COVID-19. A boa noticia é o apoio que estamos a acadar da cidadanía, as administracións públicas e todo tipo de entidades, que está a superar as nosas expectativas e fará posible a nosa resposta ás crecentes necesidades da sociedade. Unha sociedade, por outra banda, excepcionalmente solidaria”.

Entre as colaboraciones anteriores da SGAE e Cruz Vermella Española, cómpre salientar o esforzo conxunto realizado a través de distintos actos entre as temporadas 2013 e 2015. Daquela, ambas organizacións traballaron na organización de concertos solidarios nas Palmas de Gran Canaria e Madrid. Nesas campañas, destinadas a recadar fondos para a organización humanitaria, os socios da SGAE participaron desinteresadamente en actuacións musicais benéficas.