Faladoiro dixital da Fundación SGAE sobre creación de series de TV diarias
O encontro celebrarase o luns 13 de xullo cos directores Ana Vázquez Calvo, Asier Aizpuru e Carlos Navarro

A inscrición é gratuíta a través de formacion@fundacionsgae.org

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros dixitais Creando en tempos do Covid, un punto de encontro entre autores de diferentes disciplinas para conversar sobre a súa experiencia no contexto actual e compartir reflexións a futuro. Trátase dunha actividade online (a través de la aplicación Webex) que se celebra cada luns e venres, ata o 17 de xullo, de 11:00 a 12:30 horas. O acceso é libre, previa inscrición en formacion@fundacionsgae.org.

O ciclo está integrado por diferentes faladoiros que contan coa participación de autores sobranceiros en cadansúa disciplina (guión, artes escénicas e música). Esta oitava sesión, Dirixindo unha serie diaria, contará coa experiencia dos directores Ana Vázquez Calvo, Asier Aizpuru e Carlos Navarro, que nos achegarán o seu punto de vista sobre este oficio e as súas características, partindo das esixencias de ritmo que afrontan no seu día a día.

As inscricións son gratuítas e realízanse enviando un email de participación a formacion@fundacionsgae.org. No asunto indicarase o nome da xornada en cuestión.

Xornada VIII 'Creando en tempos do Covid'
Dirixindo unha serie diaria.

Día: luns, 13 de xullo de 2020
Horario: 11:00 a 12:30 horas
Participan:
Ana Vázquez Calvo, directora
Asier Aizpuru, director
Moderador:
Carlos Navarro, director

Máis información