'Creando en tempos do Covid' cos guionistas Tirso Calero, María José García Mochales e Antonio Onetti
A quinta sesión do ciclo de faladoiros dixitais organizado pola Fundación SGAE celebrarase o vindeiro venres 3 de xullo

A inscrición é gratuíta a través de formacion@fundacionsgae.org

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros Creando en tempos do Covid, un punto de encontro entre creadores de diferentes disciplinas para conversar sobre a súa experiencia nesta crise sanitaria e compartir reflexións de cara ao futuro. O ciclo celébrase online (a través da aplicación Webex) cada luns e venres ata o 17 de xullo de 11:00 a 12:30 horas, con entrada libre previa inscrición enviando un email a formacion@fundacionsgae.org.

Esta quinta sesión contará coa experiencia dos guionistas Tirso Calero (Servir y proteger), María José García Mochales (La Señora, Amar es para siempre) e Antonio Onetti (Amar es para siempre, Cuéntame cómo pasó), presidente da SGAE.

O ciclo de encontros dixitais Creando en tempos do Covid seguirá a súa andaina ata o 17 de xullo con novas propostas, charlas e temáticas orientadas a tódalas disciplinas artísticas.

As inscricións son gratuítas e realízanse enviando un email de participación a formacion@fundacionsgae.org indicando no asunto o nome da xornada á que se desexa asistir.

Xornada V 'Creando en tempos do Covid'

Día: venres, 3 de xullo de 2020
Horario: de 11:00 a 12:30 horas
Participantes:
Tirso Calero, guionista
María José García Mochales, guionista
Moderador:
Antonio Onetti, guionista e presidente da SGAE

Máis información