Faladoiro dixital coas coreógrafas Clara Pons e Lidya Rioboo
Natalia Álvarez Simó moderará esta cuarta sesión de 'Creando en tempos do Covid' o vindeiro luns, 29 de xuño

A inscrición é gratuíta a través de formacion@fundacionsgae.org

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros Creando en tempos do Covid, un punto de encontro entre creadores de diferentes disciplinas para conversar sobre a súa experiencia profesional baixo a ameaza desta crise sanitaria e compartir reflexións de cara ao futuro. O ciclo celébrase online (a través da aplicación Webex) cada luns e venres, ata o 17 de xullo, de 11:00 horas a 12:30 horas, con entrada libre previa inscrición enviando un email a formacion@fundacionsgae.org.

Esta cuarta sesión estará protagonizada polas coreógrafas Clara Pons e Lidya Rioboo, acompañadas por Natalia Álvarez Simó (directora do Centro Cultural Conde Duque).

Máis adiante, a quinta sesión do ciclo Creando en tempos do Covid celebrarase o 3 de xullo e participarán nela os guionistas Tirso Calero, María José García Mochales e Antonio Onetti, presidente da SGAE.

Xornada IV 'Creando en tempos do Covid'

Día: luns, 29 de xuño de 2020
Horario: de 11:00 horas a 12:30 horas
Relatoras:
Clara Pons, coreógrafa
Lidya Rioboo, coreógrafa
Moderadora:
Natalia Álvarez Simó, directora do Centro Cultural Conde Duque

Máis información