Escribindo comedia: O diálogo, as personaxes, a construción de gags, etc.: Creando en tempos do Covid
'Creando en tempos do Covid' propón un encontro cos guionistas Adolfo Valor, Marta González de Vega e Silvia Pérez de Pablos o vindeiro luns, 22 de xuño

A terceira xornada contará cos compositores Carles Benavent, Javier Colina e Josemi Carmona o venres 26 de xuño

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros Creando en tempos do Covid, un punto de encontro entre creadores de diferentes disciplinas para conversar sobre a súa experiencia creadora en tempos do Covid-19 e compartir con eles as súas reflexións de futuro. O ciclo desenvólvese online (a través da aplicación Webex) cada luns e venres, do 19 de xuño ao 17 de xullo , de 11 a 12.30 horas, con entrada libre previa inscrición.

O ciclo está integrado por diferentes faladoiros que contan coa participación de importantes autores en cada unha das súas disciplinas (guión, artes escénicas e música), como os compositores Pedro Guerra, Consuelo Díez ou Sergio Blardony ou as coreógrafas Clara Pons e Lydia Rioboo, entre outros. A primeira sesión correu a cargo dos dramaturgos Alberto Conejero, Carmen Losa e Yolanda García Serrano, que inauguraron as xornadas este 19 de xuño. Agora, a actividade continúa con novas sesións que se celebrarán os días 22 e 26 de xuño e contarán cos guionistas Adolfo Valor, Marta González de Vega e Silvia Pérez de Pablos, e os compositores Javier Colina, Josemi Carmona e Carles Benavent, respectivamente.

As inscricións son gratuítas e realízanse enviando un email de confirmación de participación a formacion@fundacionsgae.org, indicando no asunto do correo electrónico o nome da xornada á que se desexa asistir.

Programa

Xornada II: Creando en tempos do Covid - Escribindo comedia: O diálogo, as personaxes, a construción de gags, etc.
Día: Luns, 22 de xuño de 2020
Horario: 11:00h– 12:30 horas.

Interveñen:
Adolfo Valor, guionista
Marta González de la Vega, guionista
Modera: Silvia Pérez de Pablos , guionista

Xornada III: Creando en tempos do Covid - Conversando con dous grandes mestres do flamenco-jazz
Día: Venres, 26 de xuño de 2020
Horario: 11:00 – 12:30 horas

Interveñen:
Carles Benavent, compositor e baixista
Javier Colina, compositor e contrabaixista
Modera: Josemi Carmona, compositor e guitarrista flamenco

Inscríbete aquí

Máis información sobre o faladoiro con guionistas

Máis información sobre o faladoiro con compositores