A experiencia vital e creativa durante o confinamento: Utopía -distopía: Creando en tempos do Covid
'Creando en tempos do Covid' propón un primeiro encontro cos dramaturgos Alberto Conejero, Carmen Losa e Yolanda García Serrano este venres, 19 de xuño

A Fundación SGAE organiza o ciclo de faladoiros Creando en tempos do Covid, un punto de encontro entre creadores de diferentes disciplinas para conversar sobre a súa experiencia creadora en tempos do Covid-19 e compartir reflexións de futuro. O ciclo celebrarase en liña (a través da aplicación Webex) cada luns e venres, do 19 de xuño ao 17 de xullo, de 11 a 12.30 horas, con entrada libre previa inscrición.

O ciclo estará integrado por diferentes faladoiros que contarán coa participación de autores sobranceiros, coma os dramaturgos Alberto Conejero, Carmen Losa e Yolanda García Serrano, que inauguran as xornadas o día 19 de xuño; os guionistas Tirso Calero e María José Mochales; ou os compositores Javier Colina, Josemi Carmona, Mercedes Ferrer ou Gonztzal Mendibil, entre outros moitos.

Programa

Xornada: Creando en tempos do Covid - A experiencia vital e creativa durante o confinamento: Utopía -distopía
Día: Venres, 19 de xuño de 2020
Horario: 11:00h – 12.30 horas.

Interveñen:
Alberto Conejero, dramaturgo
Carmen Losa, dramaturga
Modera: Yolanda García Serrano, dramaturga

Máis información e inscrición