Selección de textos teatrais en galego para lecturas dramatizadas

A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial de Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas Textos teatrais en galego ao longo da Comunidade galega. Esta actividade ten como obxectivo impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos de autores socios da SGAE.

Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a todos os autores dramáticos socios da Sociedade Xeral de Autores e Editores que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entre outros obxectivos, este programa quere promocionar aos autores dramáticos para a difusión das súas obras, contribuíndo a posibles producións escénicas. Unha vez se realice o protocolo de selección, elixiranse textos dramáticos para levar a cabo a súa representación no ciclo de lecturas dramatizadas Textos teatrais en galego, impulsado pola Fundación SGAE ao longo do ano 2020 e nas datas que esta entidade determine.

O número de textos seleccionados virá determinado polo orzamento máximo asignado polo Consello Territorial de SGAE de Galicia.

Bases