Inscricións abertas para Conecta FICTION Reboot
O encontro virtual de coprodución de series de televisión celebrarase a semana do 15 de xuño de xeito virtual e os días 2 e 3 de setembro de xeito presencial

As inscricións están abertas na web de Conecta FICTION

Os/as socios/as de SGAE poden gozar de vantaxes como descontos e programas exclusivos

A cuarta edición de Conecta FICTION, bautizada Conecta FICTION Reboot, terá un formato híbrido que se celebrará de xeito virtual do 15 ao 18 de xuño de 2020, a través dunha aplicación propia, e unha edición presencial durante os días 2 e 3 de setembro de 2020 en Pamplona (Navarra, España), cuxo eixe principal serán as sesións de pitching. O prazo de inscricións para ámbalas modalidades está aberto na web de Conecta FICTION.

En palabras de Géraldine Gonard, directora de Conecta FICTION Reboot: “O obxectivo é ofrecer unha solución de conexión profesional que sexa real e factible. Esta edición virtual quere garantir o networking de calidade que sempre identifica a Conecta FICTION. Por iso, centrámonos en preparar a mellor plataforma de conexión do mercado que sirva, entre outros propósitos, para ampliar a rede de contactos de xeito real, concreto e útil. Sabemos que isto só é posible cando se xera interacción entre a organización e o participante, o que sempre ofrece Conecta e o que se poderá atopar tamén en Conecta FICTION Reboot a semana do 15 de xuño”.

Deste xeito, a creación dunha plataforma online propia, á que se accederá dende a web de Conecta FICTION, permitirá aos asistentes presentar os seus proxectos de coprodución ante outros profesionais. Ademais, ofrecerase unha xestión moi persoalizada que atenderá as necesidades de cada participante de xeito diferenciado.

Networking profesional exclusivo

A Plataforma ofrecerá dúas zonas de interacción. Na zona Conecta NETWORKING, o participante atopará tres espazos privados; La Caja de Ficción, espazo online de conexión con acreditados; o espazo MEET UP 1:1, para celebrar as reunións entre executivos; e o SPEED-DATING 1:5, onde se desenvolverán, previo rexistro, encontros en grupos dun máximo de cinco persoas, con inversores e commissioners, entre outros.

Na zona de acceso común para todos os participantes ofreceranse, en axenda compatible cos diversos husos horarios de Europa e América, eventos en directo, screenings, charlas e presentacións de atractivo internacional e obradoiros interactivos, entre outras actividades, baixo os nomes de Conecta TALKS e Conecta Spotlight. Todo o contido da comunidade poderá también visionarse con posterioridade por todos aqueles participantes que non poidan conectarse no horario programado.

Vantaxes para socios/as de SGAE
A Fundación SGAE facilitará este intercambio de ideas entre os/as socios/as de SGAE e as compañías brindando un espazo reservado para celebrar as reunións. Ademais, a entidade ofrecerá aos/as socios/as de SGAE seleccionados para o pitching unha sesión exclusiva de one-to-one meetings e descontos do 25% no prezo da credencial.

A Fundación SGAE en Conecta FICTION

A Fundación SGAE colabora con Conecta FICTION dende a súa primeira edición cun pitch propio que bebe dos proxectos desenvolvidos no Laboratorio de Creación de Guión de Series de Televisión da Fundación SGAE. Polo momento, tres proxectos conseguiron o Premio de RTVE, que ofrece un contrato de desenvolvemento: Madre en apuros , de Maribel Vitar e Cristina Pons (unha visión da maternidade actual cun toque gamberro); Malaka, creada por Daniel Corpas e producida por Javier Olivares, que se estreou en TVE a pasada temporada; e ¿Por qué desaparecieron los hombres?, de Carla Guimarãez e Pepe Macías, un falso documental sobre un futuro distópico case sen poboación masculina.

A cuarta edición de Conecta FICTION volve contar co apoio do Goberno de Navarra a través de NICDO (Navarra de Infraestructuras de Cultura, Deporte y Ocio) e SODENA (Sociedad de Desarrollo de Navarra) e da Fundación SGAE, coa colaboración de CLAVNA (Clúster Audiovisual de Navarra) e NAPAR (Asociación de Productoras y Profesionales del Audiovisual de Navarra). O deseño e produción do evento serán de Inside Content.