Conecta FICTION 2020 amplía o prazo das súas convocatorias de proxectos
Para Pitch Copro Series, Pitch Short-Form Series e Pitch Clips

Por mor da nueva situación causada polo coronavirus, Conecta FICTION amplía os prazos de presentación de proxectos de tres convocatorias. O congreso para a coprodución internacional de series de televisión celebrarase do 22 ao 25 de xuño de 2020 en Pamplona.

Producido por Inside Content e co apoio de Fundación SGAE, Conecta FICTION servirá para estudiar proxectos e negociar e pechar acordos de coprodución entre Europa, América Latina e Estados Unidos, poñendo en valor a cultura española no sector audiovisual. Na práctica, Conecta FICTION ofrecerá conferencias, mesas redondas e clases maxistrais nas que participarán preto de sesenta investidores e executivos de alto nivel que aportarán o seu punto de vista e experiencias.

Así, entre as convocatorias que amplían o seu prazo de convocatoria atópanse:

PITCH COPRO SERIES: Dirixida a produtoras para presentar proxectos de series e miniseries cuxa duración mínima por episodio sexa de 45 minutos. Elixiranse 10 proxectos finalistas que serán presentados en Conecta FICTION. O prazo de solicitude de proxectos permanece vixente ata o 23 de marzo de 2020. Máis información aquí.

PITCH SHORT-FORM SERIES: Dirixida a produtoras para presentar os seus proxectos de series cuxos capítulos non excedan a duración de 25 minutos. Elixiranse 5 proxectos finalistas que se presentarán nunha sesión de pitching en Conecta FICTION. O prazo de solicitude de proxectos permanece vixente ata o 6 de abril de 2020. Máis información aquí.

PITCH CLIPS: Dirixida a guionistas membros do Sindicato de Guionistas de España para presentar o pitch de proxectos de serie nun clip de 2 minutos de duración máxima. Os traballos seleccionados exhibiranse en distintas pantallas durante Conecta FICTION. O prazo de solicitude de proxectos permanece vixente ata o 5 de maio de 2020. Máis información aquí.

Vantaxes para socios/as de SGAE

A Fundación SGAE facilitará este intercambio de ideas entre os/as socios/as de SGAE e as compañías brindando un espazo reservado para celebrar as reunións. Ademais, os/as socios/as de SGAE seleccionados para o pitching participarán nunha sesión exclusiva de one-to-one meetings e descontos do 25% no prezo da acreditación.

A Fundación SGAE en ConectaFICTION

A Fundación SGAE colabora con Conecta FICTION dende a súa primeira edición cun pitch de proxectos propio que bebe dos traballos desenvolvidos no Laboratorio de Creación de Guión de Series de Televisión da Fundación SGAE. Ata hoxe, tres proxectos conseguiron o Premio de RTVE que lles ofrece un contrato de desenvolvemento: Madre en apuros, de Maribel Vitar e Cristina Pons (unha visión actual da maternidade cun toque gamberro); Malaka, guión de Daniel Corpas, dirixido por Javier Olivares, que se estreou en TVE a pasada temporada; e ¿Por qué desaparecieron los hombres?, de Carla Guimarãez e Pepe Macías, en formato mockumentary sobre un futuro distópico cunha poboación masculina moi minguada.

A cuarta edición de Conecta FICTION volve contar co apoio do Goberno de Navarra a través de NICDO (Navarra de Infraestructuras de Cultura, Deporte y Ocio) e SODENA (Sociedad de Desarrollo de Navarra) e da Fundación SGAE, coa colaboración de CLAVNA (Clúster Audiovisual de Navarra) e NAPAR (Asociación de Productoras y Profesionales del Audiovisual de Navarra). O deseño e produción do evento serán de Inside Content.

Máis información