A SGAE, máis preto dos seus socios ca nunca
Estamos ante un desafío sanitario sen precedentes que esixe un compromiso excepcional por parte de todos

A SGAE quere manifestar o seu apoio a todos aqueles que estes días están a combater o virus en primeira liña

Os autores e editores, coma o resto da sociedade, tamén están afectados pola crise do Covid19. En primeiro lugar porque, lamentablemente, entre os máis de 130.000 socios da entidade hai persoas que padecen a doenza e tivemos que sufrir xa algunhas perdas. En segundo lugar, porque as consecuencias económicas do freo á actividade cultural van repercutir en todos eles.

Ante esta emerxencia, na SGAE non podemos pararnos e fomos a primeira entidade de xestión en implementar sistemas de teletraballo para seguir dando o servizo habitual aos nosos socios, ao tempo que protexemos aos nosos máis de 500 traballadores. Neste senso, durante esta semana realizamos a repartición a socios do Colexio de Gran Dereito, como estaba previsto.

Ademais, continuamos atendendo as vosas preguntas e solicitudes de xeito telemático, por teléfono, por correo e a través da vosa zona privada na web.

En relación coas medidas económicas anunciadas polo Goberno e a súa aplicación aos creadores, a SGAE púxose en contacto con tódalas administracións o pasado venres para ofrecer o seu coñecemento e a súa colaboración. E estamos a analizar tódalas opcións para ampliar a atención, que xa se vén prestando, aos socios máis vulnerables; aqueles con quen máis debemos entregarnos.

Por último, a SGAE quere agradecer aos seus socios a súa reacción exemplar e solidaria. É emocionante comprobar cómo os nosos creadores están a poñer o seu talento a disposición de toda a sociedade, e de xeito altruísta a través das redes sociais e de diferentes plataformas dixitais con festivais en vivo e outras iniciativas. Unha vez máis, demostramos que a cultura é importante, que a sociedade nos ten cando nos necesita, que a creación vai axudar á sociedade a afrontar os vindeiros días máis unida e co mellor ánimo posible.

Estamos convencidos de que todos xuntos sairemos adiante. Unidos, resistiremos e superaremos esta adversidade.

Datos de contacto das sedes da SGAE