SGAE Concilia
Axudas para afrontar mensualmente os gastos de comedor dos nenos e nenas

A SGAE quere apoiar a conciliación da vida laboral e familiar dos seus socios. Por isto, lanzamos o programa “Concilia”, pensado para axudar aos nosos socios autores en activo e proporcionarlles unha subvención mensual para os gastos de comedor dos seus fillos e fillas.

Somos conscientes dos problemas de moitos dos nosos socios para conciliar o seu traballo coa súa familia, xa que as xornadas laborais no noso sector son intensas, irregulares e impredecibles. As familias monoparentais, os proxenitores con custodia compartida e outros casos parecidos atópanse moitas veces ante unha situación difícil á hora do xantar dos seus fillos e fillas, tanto por horarios como, en ocasións, por limitación de recursos económicos.

Para dar resposta a esta situación e favorecer a integración laboral e o desenvolvemento profesional dos seus socios, SGAE lanza o novo programa de axudas “Concilia”.

Poderán solicitar estas axudas tódolos socios/as autores/as que se atopen en activo cun fillo/a ou varios que sexan menores de 13 anos e fagan uso do comedor dun centro educativo do Estado español e que, polas súas circunstancias familiares, teñan maiores dificultades para conciliar.

Para ter máis información detallada sobre tódalas condicións precisas para optar a esta axuda, ponte en contacto connosco en sgaesocial@sgae.es.

Coma sempre, estamos á túa disposición para orientarte.