Memoria de actividades da Fundación SGAE en Galicia en 2019

Ao longo deste pasado exercicio, Fundación SGAE reforzou a súa presenza e actividade en todo o territorio. O aumento do investimento e apoio á cultura foi exponencial nesta anualidade, sendo a nosa Comunidade Autónoma amplamente beneficiada. Así se desprende da presente relación de actividades, que recolle nesta ocasión non só a programación nas nosas instalacións, senon tamén todas aquelas actuacións emprendidas en Galicia e que contaron co apoio da nosa entidade.

Dedicamos un lugar importante no inicio do informe á acción máis salientable do ano: a presentación e publicación do Diagnóstico da profesión autoral en Galicia, que expuxo os datos do traballo realizado mediante enquisas ás nosas asociadas e asociados sobre o seu labor creativo.

Seguimos a traballar polos teus intereses.

Consello Territorial da SGAE en Galicia

Memoria de actividades da Fundación SGAE en Galicia en 2019