Trátase do XXIX Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XXI Premio SGAE de Teatro Infantil; o XIV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos LGTBIQ+ e o II Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres
Os interesados/as poden enviar os seus textos ata o 20 de maio de 2020
Co obxectivo de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos creadores dramáticos, a Fundación SGAE convoca os seus premios anuais para autores de teatro: o XXIX Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XXI Premio SGAE de Teatro Infantil; o XIV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais de temática LGTBIQ+ e o II Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres.
O prazo de entrega de textos remata o vindeiro 20 de maio de 2020. O xurado estará integrado por profesionais das Artes Escénicas de recoñecido prestixio. A resolución dos tres premios farase pública antes do 31 de decembro de 2020.
A dotación destes premios alcanza os 24.000 euros repartidos do seguinte xeito: Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, 8.000 euros; Premio SGAE de Teatro Infantil, 8.000 euros; Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez, 4.000 euros; e Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado, 4.000 euros. Ademais, estes galardóns recoñecen a inclusión dos textos no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa posterior publicación nas coleccións que edita a Fundación SGAE.
Fichas de inscrición e bases aquí
Premio SGAE de Teatro 'Jardiel Poncela'
A Fundación SGAE reivindica con este premio a figura do escritor e dramaturgo madrileño Enrique Jardiel Poncela, un dos autores fundamentais do teatro español. A entidade convoca este galardón dende hai 29 anos co obxectivo de fomentar a creación de novos textos dramáticos que, tanto pola boa calidade e orixinalidade dos seus diálogos, como pola súa visión escénica, axudan ao desenvolvemento do teatro.
Máis información e bases
Premio SGAE de Teatro Infantil
A Fundación SGAE convoca este galardón dende hai 21 anos co propósito de impulsar e apoiar a creación de obras dramáticas dirixidas a nenos que, tanto pola calidade e orixinalidade dos seus diálogos como pola súa visión escénica, contribúen ao progreso do panorama teatral orientado a público infantil.
Máis información e bases
Certame Internacional 'Lepoldo Alas Mínguez'
Organizado pola Fundación SGAE e Asociación Cultural Visible para estimular e normalizar a presenza do colectivo LGTBIQ+ na creación teatral contemporánea en lingua española, este premio rende homenaxe a un dos intelectuais máis comprometidos co activismo e a cultura LGTBIQ+, o desaparecido escritor e xornalista Leopoldo Alas Mínguez, falecido en 2008. Trátase, ademais, do único certame no seu xénero que se celebra en todo o mundo.
Máis información e bases
Premio SGAE de Teatro 'Ana Diosdado'
Como reflexo do seu compromiso pola igualdade, a Fundación SGAE convoca este premio dirixido a textos escritos por mulleres o ano pasado. A entidade pretende así recoñecer, impulsar e visibilizar a creación e a dramaturxia contemporánea feminina de excelencia. O Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado é, ademais dunha plataforma de visibilización e impulso para a dramaturxia contemporánea feminina, un tributo á memoria da guionista e dramaturga Ana Isabel Álvarez-Diosdado Gisbert (1938-2015).
Máis información e bases