Estrea de 'Emigrantas' na Fundación SGAE
A sede dos autores en Santiago de Compostela acolle o debut deste espectáculo de danza, coproducido pola Compañía Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego

Celebrarase o sábado 22 de febreiro, ás 20:00 h., na sala Germán Coppini

A sede compostelá da Fundación SGAE acolle este sábado, 22 de febreiro, a estrea do espectáculo de danza Emigrantas, unha coprodución da Compañía Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego (CCG) que trata a diáspora galega dende unha perspectiva de xénero. O motor creativo desta obra é a máis recente vaga migratoria galega; mulleres que saen desta terra na procura de contextos laborais máis favorables e as comunidades xurdidas desta diáspora.

Kirenia Martínez Acosta é a directora e coreógrafa de Emigrantas, que conta con texto de Branca Novoneyra, espazo sonoro de Babykatze e Bruno Baw e a interpretación en escena de David Loira e Esther Latorre. O espectáculo será representado a partir das 20:00 horas na sala Germán Coppini da Fundación SGAE. Ten un prezo de entrada de 10 euros ata completar a capacidade do recinto.

Máis información sobre Emigrantas


Foto: Niko Alvarellos