Aberta a convocatoria do VI ciclo de danza 'Bailar en la Berlanga'
Aberta a tódalas compañías de España asociadas á FECED e SGAE

O prazo de inscrición remata o 5 de marzo de 2020, ás 12 horas

A Fundación SGAE, coa colaboración da Federación Estatal de Empresas e Compañías de Danza (FECED), abre a convocatoria da VI edición do ciclo de danza Bailar en la Berlanga, que terá lugar do 1 ao 4 de abril de 2020 na Sala Berlanga (r/ Andrés Mellado, 53. Madrid).

Esta mostra, cuxo obxectivo é a creación de novos públicos e a promoción da danza española actual, está aberta a tódalas compañías do país que estean asociadas e FECED e SGAE (que o seu coreógrafo/a sexa socio/a de SGAE) que presenten un espectáculo cunha duración entre 20 e 60 minutos. O xénero da peza e o número de intérpretes é libre, sempre adaptado ás necesidades técnicas da sala.

O prazo de inscrición de espectáculos remata o 5 de marzo de 2020, ás 12 horas.

Aquelas compañías interesadas en participar deberán remitir un correo electrónico coa súa inscrición ao seguinte enderezo: artesescenicas@fundacionsgae.org. No email deberán incluír os seguintes datos:

• Datos de contacto.
• Ligazón á información do espectáculo.
• Ligazón ao vídeo do espectáculo.
• Duración e número de intérpretes en escena.

Máis información