Convocatoria aberta para a feira Musikmesse
Aqueles editores de música impresa interesados en participar poden enviar a súa solicitude ata o 27 de xaneiro de 2020

A Fundación SGAE, coa colaboración do Instituto Nacional das Artes Escénicas da Música (INAEM), a través da plataforma Sounds From Spain, organiza a participación española para editores de música impresa na feira Musikmesse, que terá lugar na Messe Frankfurt Exhibition GmbH do 1 ao 4 de abril de 2020.

Esta feira internacional está considerada a máis importante do mundo para a comercialización de partituras e edicións musicais, instrumentos musicais, software de música, hardware de computadora e accesorios.

As editoriais españolas que sexan seleccionadas para esta edición disporán dun espazo de exhibición propio no pavillón informativo de Sounds From Spain; poderán usar o almacén para a custodia na feira dos seus materiais; acceder a internet mediante WIFI e figurar en tódalas comunicacións que se fagan relativas á participación de Sounds From Spain nesta feira.

Ademais do apoio das entidades que constitúen Sounds From Spain, esta convocatoria conta coa colaboración da Asociación Española de Editores de Música (AEDEM).

Condicións de participación:

• Só poderán participar editores de música impresa interesados en exportar o seu catálogo nesta feira.
• Tódolos editores deberán aboar a Fundación SGAE o custe do “media package reduced” (299€ + IVA) como condición obrigatoria da Musikmesse para tódalas empresas que exhiban material no recinto de exposición.
• Unha vez realizado o seu rexistro xeral como exhibidor, cada editor será responsable de xestionar os seus pases de entrada ao recinto para o persoal que se traslade á feira. Deberá facelo seguindo as instruccións que recibirá, vía correo electrónico, da propia organización de Musikmesse.
• Cada editor será responsable de xestionar o transporte do material que desexe exhibir na feira.

Condicións de inscrición:

Se esta iniciativa é do seu interese, pregámoslle que, antes do 27 de xaneiro de 2020, se poñan en contacto con smoralg@fundacionsgae.org, onde lles ampliarán a información e lles solicitarán a documentación requirida para a xestión do rexistro.

Acerca de 'Sounds From Spain'

Sounds From Spain é a plataforma de apoio á internacionalización da industria musical española da que forman parte ICEX España Exportacións e Investimentos, o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), a Fundación SGAE, a Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes (AlE), a Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo (A.R.T.E.), os Produtores de Música de España (Promusicae) e a Unión Fonográfica Independiente (UFI).

O obxectivo de Sounds from Spain é fomentar a exportación da música española, facilitando a presenza dos profesionais do sector nos máis importantes encontros internacionais, como Midem (Cannes), South by Southwest (Austin), Musikmesse (Frankfurt) ou Womex.

Máis información e bases (PDF)