SGAE Actúa 2020
A iniciativa ofrece contratación laboral e alta na Seguridade Social para socios autores musicais, audiovisuais ou de artes escénicas desempregados

A Área Social e Asistencial da SGAE e a súa Fundación convocan a quinta edición de SGAE Actúa, un programa de axudas á contratación laboral con alta na Seguridade Social de ata tres meses para os autores musicais, audiovisuais ou de artes escénicas que estean desempregados e reúnan os requisitos que establecen as bases.

Froito dos convenios que a SGAE vén asinando con ONG, asociacións, entidades sociais e institucións penitenciarias, SGAE Actúa facilita o emprego dos nosos socios en programacións culturais de tódolos xéneros –música, audiovisuais, teatro ou danza- e de variados formatos.

A convocatoria de SGAE Actúa está aberta todo o ano e está dirixida a:

- Socios desempregados.
- Autores que acrediten uns ingresos anuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM 2020 (6.454,03€).
- Que o autor presente un proxecto da actividade.

As solicitudes pódense remitir por correo electrónico a sgaesocial@sgae.es ou por correo postal á SGAE, Departamento de Socios, Área Social e Asistencial, rúa Fernando VI, 4, 28004 Madrid.

Descarga as bases (PDF)

Descarga a solicitude (PDF)