Proxección de 'Holy night!'

A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela proxecta un pase da película Holy night! (Noche de ¿paz?). O filme, dirixido por Juan Galiñanes en 2010, é a primeira produción española de animación en 3D. Conta a historia dunha Noiteboa na que se enfrontan dous mundos de xoguete: o Portal de Belén contra Papá Noel. O Nadal está en perigo e cada un pensa que a culpa é do outro, sen decatarse de que o problema está noutra parte.

Proxección: 29 de decembro (18:00 h.). A entrada custa 2 euros.