Últimas funcións de monicreques

A sede da Fundación SGAE despide a súa programación de monicreques en 2019 con dous derradeiros espectáculos. A historia do Apalpador (Títeres Cachirulo) exhibirase o sábado 21 (18:00 horas) e o domingo 22 (12:30 horas) de decembro.

Ademais, os días 26 e 27 de decembro celebraranse respectivos pases extraordinarios de Nadal, ambos ás 18:00 horas, do espectáculo Cristóbal Purchinela (Alauda Teatro).