Ciclo ‘Adaptacións de cine’ e mesa redonda con Ángel de la Cruz, Ignacio Vilar e Manuel de Lorenzo

A Fundación SGAE organiza en Santiago de Compostela o ciclo Adaptacións de cine, dedicado á proxección de películas baseadas en obras literarias. Os seguintes pases son:

· Domingo 22 de decembro, 18:00 horas: A praia dos afogados (Gerardo Herrero, 2015).
· Domingo 5 de xaneiro, 18:00 horas: Engurras (Ignacio Ferreras, 2012).
· Venres 10 de xaneiro, 18:00 horas: A esmorga (Ignacio vilar, 2014).

O ciclo clausurarase o venres 10 de xaneiro (16:30 horas) cunha mesa redonda na que participarán os guionistas e directores Ángel de la Cruz e Ignacio Vilar xunta o xornalista e escritor Manuel de Lorenzo.