Escena en familia: 'Barriga Verde contra o Demo Negro'

A Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela , dentro da programación do seu ciclo Escena en Familia, ofrece dúas funcións do espectáculo Barriga Verde contra o Demo Negro, escenificado por Títeres Cachirulo. Os pases celebraranse o sábado 14 (18:00 h.) e o domingo 15 (12:30 h.) de decembro.

Este espectáculo é unha fantasía, un conto clásico baseado nun texto de Alfredo Conde que gañou o premio italiano Grinzane ao mellor libro estranxeiro para nenos. A entrada custa 5 euros (4 euros con bonificación).

Máis información